Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 19:31
Científicos galegos destacaron a relevancia dos produtos do mar no futuro da alimentación, xa que as súas macronutrientes esenciais reducen a malnutrición e diminúen o risco de padecer enfermidades non transmisibles.
Este é un dos temas abordados nas charlas celebradas no marco da quinta edición do 'Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos', que levan a cabo conxuntamente a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra.
Segundo explican nun comunicado, trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o traballo investigador que leva a cabo en Galicia.
Este xoves 16 de maio celebrarase unha nova sesión, ás 19,00 horas, que poderá seguirse en liña -- a ligazón pode obterse unha vez rexistrados na web da Deputación --.
A sesión centrarase na economía oceánica sustentable, concretamente nos alimentos mariños como produtos fundamentais para a saúde do planeta e o benestar da humanidade.
Para abordar este tema contarase co doutor en Economía Aplicada, profesor da facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago e científico do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (Cretus) da USC, Sebastián Villasante.
Tal e como apunta o investigador, os alimentos azuis "desempeñan un papel crucial" nos sistemas alimentarios, xa que poden contribuír á seguridade alimentaria, a reducir a malnutrición e a crear sistemas alimentarios sans, resistentes e respectuosos coa natureza.
Así mesmo, asegura que na actualidade, os alimentos azuis son o medio de vida de máis de 100 millóns de persoas e dan sustento a mil millóns en todo o mundo.
"MOITAS VECES PASÁMOLOS POR ALTO"
Villasante destaca ademais que "máis de 2.500 especies de peixes, invertebrados, algas e plantas acuáticas captúranse ou se cultivan para a alimentación, proporcionando unha importante inxesta diaria de proteínas a máis de 4.000 millóns de persoas".
Ademais, ofrecen micronutrientes esenciais que reducen a malnutrición entre os grupos de risco, como nenos e mulleres, mentres diminúen o risco de enfermidades non transmisibles. A pesar da súa relevancia, apunta que "a miúdo se pasan por alto nas conversacións sobre o futuro da alimentación, que tenden a centrarse nos cultivos terrestres e no gando".
A inscrición para participar gratuitamente en todas as conferecnias debe realizarse a través da páxina web da Deputación de Pontevedra ( https://www.depo.gal/es/-/ciclo- de-conferencias-cientificas-aida-fernandez-rios ). Os participantes poderán solicitar un certificado de asistencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.