Declarado de utilidade pública un parque eólico que afecta ao oso pardo, á aguia real e ao miñato real

Son todas elas especies en perigo de extinción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2024 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

A Xunta declarou de utilidade pública o parque eólico Orballeira, situado entre os municipios da Rúa, Vilamartín de Valdeorras e Quiroga. O parque eólico Orballeira, promovido por Sinagra Investments SL, terá unha potencia de 33 megawatts, cun investimento de 24 millóns e cinco aeroxeradores. O proxecto xa obtivo a autorización ambiental e de construción por parte do Goberno galego en 2023.

Esta resolución, publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG), recolle o acordo do Consello da Xunta de marzo de 2024 que outorga esta declaración. Así, declárase a compatibilidade do parque eólico con dereitos mineiros afectados e cos montes veciñais da zona.

Entre as especies que se atopan no terreo deste proxecto están a aguia real, o miñato real e o oso pardo, todos catalogados en perigo de extinción, ademais de estar nunha zona cunha densidade media de lobo. No entanto, Patrimonio Natural considerou na autorización ambiental que "non é previsible" que haxa efectos significativos.

Familia de osos pardo
Familia de osos pardo | Fonte: plataformadefensagistreo.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta