A sangría emigrante que non diminúe

Os galegos residentes no estranxeiros aumentaron un 13,4% en catro anos. En cinco meses, o censo de votantes en Galicia baixou en 20.000 persoas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2015 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Galicia segue tendo un burato enorme na súa poboación. Os mozos seguen emigrando, os vellos morren e nacen menos nenos. En tan só en cinco meses o censo de votantes descendeu en 20.000 persoas, entre as que morreron ou marcharon. Iso, a pesar de que a Xunta e o seu presidente insisten en asegurar que Galicia xa saíu da crise.

Unha mítica imaxe da emigración dos anos 60
Unha mítica imaxe da emigración dos anos 60

Son datos do Instituto Nacional de Estatística que recolle que o número de persoas censadas para votar en Galicia nos próximos comicios diminúe, mentres que aumentan os galegos que residen noutros países. En catro anos, desde os comicios xerais do 2011 ata agora, Galicia perdeu 400.000 persoas, e o censo de votantes no estranxeiro aumentou un 13,4%.

Así, nas eleccións do próximo 20 de decembro figuran inscritos nas estatísticas do INE un total de 2.265.812 electores residentes nas catro provincias, aos que hai que engadir 440.018 galegos residentes no estranxeiro.

Nos comicios municipais de maio pasado estaban censadas en Galicia un total de 2.284.763 persoas e nos últimos comicios xerais, de hai catro anos, estaban convocados ás urnas un total de 2.688.799 galegos con dereito a votar, dos cales 381.877 están incluídos no censo de residentes no estranxeiro.

De acordo con esas cifras, comparativamente aos últimos comicios xerais de fai catro anos, o censo de persoas residentes en Galicia diminuíu en 1,7 % e o de galegos residentes no estranxeiro aumentou en 13,4 %.

Estes son os datos divulgados polo INE para as eleccións ás Cortes Xerais por circunscricións:

 

PROVINCIA   RESIDENTES   ESTRANXEIRO      TOTAL

A Coruña          936.705                 152.115                1.088.820

Lugo                 286.322                  63.210                    349.532

Ourense           267.724                  97.788                    365.512

Pontevedra      775.061                  126.905                   901.966

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Martin

Eso e verdade toda a rozon pa ti pero tamen a xebte que esta intentando poñer p castela coma a primeira lingua en Galiza eso nom llo podemos permitir

1 dereitistas noxentos

había que xulgar a todo o gobernó pepeiro e facerlles pagar todolos crimens contra o pobo e o estado, están sendo como o que son autenticos sefarditas apartidas expañolentos, están destruindo a realidade nacional galega, están atentando contra o pobo galego e a sua vida!. Pero claro teñen outros moitos complices como a COZ DA MALICIA, a paxina do diablo envelenador do hispanismo, están buscando a ofuscanción do pobo, están tentando drogar a poboación do país, para recuperar Galiza temos que destruir a dereita extirpalos da vida nacional metelos na cadea que paguen os seus crimens os ladrons da coz da malicia os xefes da estafa, os chupadores dos presupostos públicos, liquidade a burguesía española e voltara o sorriso os beizos!