Preparando as eleccións

Nos últimos días as tres grandes formacións galegas andan poñendo a punto a engranaxe electoral de cara aos comicios do vindeiro ano...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/11/2008 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

None

E é que na batalla electoral os números contan, e moito. Tanto socialistas como nacionalistas comezan a ver datos preocupantes, tanto no eido económico coma electoral. Aínda que a reedición do bipartito non corre perigo, si se detecta un estancamento do apoio a PSOE e Bloque e un lixeiro repunte do PP con respecto a enquisas semellantes de hai un ano.

Non está en xogo, polo menos de momento e niso son coincidentes todas as sondaxes, a estabilidade do bipartito a pesar da dureza da crise económica. Sen embargo, o empeoramento da situación económica e os efectos no emprego poden pasar factura aos partidos no poder. Por iso, no PSOE xa lle advertiron a Touriño que non retrase máis do previsto a convocatoria electoral porque lle pasaría factura.

No minicumio celebrado o luns, Blanco deixou claro que os procesos electorais de Galicia e Euskadi son básicos para manter a fortaleza do PSOE a nivel estatal. Por iso, anunciou que o aparato de Ferraz vaise volcar nestas dúas convocatorias; na galega para que Touriño conserve o poder e na basca para que Pachi López sexa o próximo lehendakari. E para acadar estes obxectivos non valen máis retrasos electorais. Neste esquema, as eleccións en Galicia serán antes que as de Euskadi, pero os dous procesos case que van correr en paralelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

19 ruben

Esperamos respostas GC,¿hai manga ancha non?Como hubo unha advertencia pola sua parte nun post anterior...

saudos pra os socialistas moderados e sosegados deste foro quenes non aturan ao obsesivo,por algo será...

18 Oscar

Sí, agora faite a vítima e o espírito conciliador.
Cando te pasas todo o foro insultando aos socialistas.

17 ruben

e ben,señores de GC...¿farán algo ou hai manga ancha?.Por aquí non temos que aturar a meniños de cuna,¿non creedes?

saudos pra os socialistas moderados e sosegados do foro.

16 Oscar

ruben, ¿obsesivo eu? pero se ata che dediquéi unha canción e todo...
Có bonita que é i o ben que vai contigo.
http://www.youtube.com/watch?v=pZ5a...

15 Esmendréllome

Si, home, Zutabe, aínda que se baixase o listón electoral ao 3% os independentistas non se comerían un rosco de inútiles que son. Só valen para tomar copas no Tarasca. 8)