Preparando as eleccións

Nos últimos días as tres grandes formacións galegas andan poñendo a punto a engranaxe electoral de cara aos comicios do vindeiro ano...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/11/2008 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

None

E é que na batalla electoral os números contan, e moito. Tanto socialistas como nacionalistas comezan a ver datos preocupantes, tanto no eido económico coma electoral. Aínda que a reedición do bipartito non corre perigo, si se detecta un estancamento do apoio a PSOE e Bloque e un lixeiro repunte do PP con respecto a enquisas semellantes de hai un ano.

Non está en xogo, polo menos de momento e niso son coincidentes todas as sondaxes, a estabilidade do bipartito a pesar da dureza da crise económica. Sen embargo, o empeoramento da situación económica e os efectos no emprego poden pasar factura aos partidos no poder. Por iso, no PSOE xa lle advertiron a Touriño que non retrase máis do previsto a convocatoria electoral porque lle pasaría factura.

No minicumio celebrado o luns, Blanco deixou claro que os procesos electorais de Galicia e Euskadi son básicos para manter a fortaleza do PSOE a nivel estatal. Por iso, anunciou que o aparato de Ferraz vaise volcar nestas dúas convocatorias; na galega para que Touriño conserve o poder e na basca para que Pachi López sexa o próximo lehendakari. E para acadar estes obxectivos non valen máis retrasos electorais. Neste esquema, as eleccións en Galicia serán antes que as de Euskadi, pero os dous procesos case que van correr en paralelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

9 tinto

Menuda montaxe máis pobre. Nótase que a dreita anda falta de imaxinación. Sen Cuiña, Portomeñe, Pérez Varela, ... ao circo pepero non o salvan os pallasos tristes da troupe: López Chavez, Feijoo, Besteiro...
Unha pena de función.

8 Valladares

Touriño en Airbag. Es buenísimo: www.youtube.com/watch?v=teN-Cz0sCS0

7 Un

En Euska Herria non hai eleccións hainas en Euskadi, e parece que pode acabar o goberno nacional-católico que goberna dende 1980 en Euskadi

6 imos_ver

dacordo coa necesidade da modificaiocn regulamentaria. non é de recibo que se establezan listóns porcentuais interesadamente artificiais para evitar a presenza parlamentaria das minorías.

respeto doutras cuestións, imos ver se a militancia consecuente vota en consecuencia co que realmente está a acontecer. moito me temo que chegado o momento, o bng-ciu apelará á chamada do voto util nacionalista para logo seguir outros catro anos exercitando politicas caciquís e continuistas de dereitas como xa fixeron nesta derradeira lexislatura

5 Costadamorte

Pois eu sería partidario dun goberno tripartito, e non é ningunha coña...
Non gústame moito un sistema político en base a un sistema de dialéctica goberno - oposición, as veces penso que é mellor un sistema de goberno de síntesis con dereito a veto...