Preparando as eleccións

Nos últimos días as tres grandes formacións galegas andan poñendo a punto a engranaxe electoral de cara aos comicios do vindeiro ano...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/11/2008 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

None

E é que na batalla electoral os números contan, e moito. Tanto socialistas como nacionalistas comezan a ver datos preocupantes, tanto no eido económico coma electoral. Aínda que a reedición do bipartito non corre perigo, si se detecta un estancamento do apoio a PSOE e Bloque e un lixeiro repunte do PP con respecto a enquisas semellantes de hai un ano.

Non está en xogo, polo menos de momento e niso son coincidentes todas as sondaxes, a estabilidade do bipartito a pesar da dureza da crise económica. Sen embargo, o empeoramento da situación económica e os efectos no emprego poden pasar factura aos partidos no poder. Por iso, no PSOE xa lle advertiron a Touriño que non retrase máis do previsto a convocatoria electoral porque lle pasaría factura.

No minicumio celebrado o luns, Blanco deixou claro que os procesos electorais de Galicia e Euskadi son básicos para manter a fortaleza do PSOE a nivel estatal. Por iso, anunciou que o aparato de Ferraz vaise volcar nestas dúas convocatorias; na galega para que Touriño conserve o poder e na basca para que Pachi López sexa o próximo lehendakari. E para acadar estes obxectivos non valen máis retrasos electorais. Neste esquema, as eleccións en Galicia serán antes que as de Euskadi, pero os dous procesos case que van correr en paralelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

4 ruben

Parece que chegará aire fresquiño a Xunta.
Darlle as grazas ao psoe que pola sua culpa o bloque non seguirá no goberno,Touriño ten fecha de caducidade e xa se esta dando de conta que lle están a facer a cama desde dentro,coitado xa e tarde e non ten nada que facer.

3 Oscar

A reedición do bipartito non corre perigo

2 Zutabe

O de BNE, foi un lapsus aínda que non o pareza. O subsconsciente que me traizoa.

1 Zutabe

O arco de posibilidades e de alternativas políticas que presente o parlamento galego non deixa de chocar cos de outros territorios nacionais, véxase Euskal Herria ou Catalunya onde arredor de cinco ou seis agrupacións teñen posibilidades de acceder ós escanos. Debería ir sendo hora xa de ir mudando a lei electoral pra que outras sensibilidades teñan voz no parlamentiño.
Por outra banda para facilitar este proceso compriría facer un reagrupamento de forzas de esquerda e autodeterminista concorrendo ó unísono forzas como a FPG, Nós-UP ou mesmo EU. Dado que EU garda moitos receos e complexos varios e Nós-UP outro tanto aínda que no sentido inverso, deberían triunfar xa alternativas como as que se tentou coas Bases Democráticas Galegas ou mesmo con Causa Galiza para darlle unhas mínimas garantías ós votantes autodeterministas e para crearmos esperanza nos sectores desancantados do BNE e de militancia consecuente no seo da CIG, isto é fundamental.