Por Ángela Precedo | PONTEVEDRA | 10/06/2024 | Actualizada ás 21:00
Agora que se achega o verán o que máis apetece é poder desfrutar do sol e dos días máis longos nunha boa praia que nos permita remollarnos no momento en que a calor aprete. E, aínda que Galicia conta con moitas praias nas que poder facelo, ben é certo que cada vez están máis saturadas. Hai areais, especialmente aqueles que gozan de maior recoñecemento e distinción con bandeiras azuis, que están totalmente masificados nos meses estivais. Por iso, dende o Galicia Confidencial comezamos unha serie na que che descubrimos algunhas xoias de praias que de seguro non coñecías e que pode que che queden preto como alternativa a esas zonas turistificadas.
Hoxe falámosvos da praia do Salgueiral, na parroquia de Bamio, no concello de Vilagarcía de Arousa, un areal pequeniño e agochado entre árbores que, precisamente por estar tan agochado, conta con pouca afluencia de xente. O que se pode destacar deste lugar son as súas marabillosas vistas á illa de Cortegada, pero tamén é preciso citar unha randeeira situada nunha das súas árbores que fai as delicias de 'instagramers' e 'tiktokers', ao sacarse unha foto de revista agardando a caída do sol.
Para poder chegar a esta praia de ensoño terás que deixar o coche aparcado na estrada PO-548, un pouco antes de chegar á rotonda que colle dirección Carril ou VG-4.7, xusto na zona dende a que visualizas un paso na vía do tren. Descendendo por unha costa que, a verdade sea dita, non se atopa en moi boas condicións de mantemento, entre matogueiras e plantas de diverso tipo, chegarás a unha pequena praia na que descansan os restos dalgunha que outra embarcación. Pero a praia do Salgueiral é a que está xusto ao seu carón, a máis agochada. Tranquilamente podes estar nela toda unha tarde sen que apareza visitante algún.
Praia do Salgueiral, na parroquia de Bamio, no concello de Vilagarcía de Arousa | Fonte: GCVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Praia do Salgueiral, na parroquia de Bamio, no concello de Vilagarcía de Arousa | Fonte: GC¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Alerta amarela por treboadas e fortes choivas en toda Galicia este venres
- Vende perfumes de Emiratos Árabes sen documentación nunha feira da Coruña
- Morre atropelado un home de 80 anos en Sandiás
- Falece un condutor de 30 anos tras un forte choque contra unha casa en Outes
- Cando a electricidade é cuestión de vida ou morte: centos de pacientes electrodependentes e con diálese a domicilio
- Escolas infantís piden "protocolos claros" ante situacións como o apagamento: "En 15 horas cambiouse 4 veces de criterio"