Leonor Faya Angueira, orientadora educativa: "Estamos moi saturadas de traballo: a radiografía é deprimente"
Leonor Faya Angueira, orientadora educativa e membro da Asociación de Pedagogos de Galicia, denuncia a sobrecarga, a burocracia excesiva e a invisibilidade do seu colectivo. Entre papeis, diagnósticos e protocolos, traballan máis horas das estipuladas, sen recoñecemento nin recursos suficientes.