Artigos de Alexander Vórtice

Cuarto 219

O pasado día 22 de decembro faleceu a miña nai, Sara. Ela padeceu moitísimo ata o último dos seus días, máis do que calquera quixese padecer en circunstancias similares.

BNG e PP quedaron sen candidato

O pasado 11 de decembro deberían terse celebrado as primarias do PSOE local de Pontevedra. A militancia tiña que elixir entre a continuidade do aínda portavoz e tenente de alcalde, Tino Fernández, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, presentado como un sopro de aire fresco nun partido que precisa desde hai anos dun pulo de ilusión e ambición.

Paradoxos da vida

Rareza é ver que o que menos ten é o que sempre está disposto a dar, e raro tamén é saber que cando lle dis a verdade a quen a reclama adóitaa rexeitar, xa que as certezas sempre son moi duras de asimilar.
Alexander Vórtice Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979) é xornalista, poeta, novelista, columnista, escritor e colaborador en Diario de Pontevedra, PontevedraViva, Diario16, Crónicas PTV e nas revistas culturais Falando con Letras, En tempos de Aletheia e Oceanum. As súas obras publicadas ata o momento grazas ao pulso dos golpes e as caídas son: Destilería Ocaso (2004), Neurose Tremens (2005), Material de Soños (2008), Deus e Outros Superheroes (2013), Atrofiadas as Estrelas (2015), Crónica dun Home Bo (2016), Vexetacións Carnívoras (2017), Tempa Maltreita (2019) e Diagnóstico Interior (2021).