1 de 301 en Opinión seguinte

Cartas de lonxe I

Pedra angular do presente político.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 01/10/2025

Comparte esta noticia
A axenda 2030 transitou de proxecto  a realidade, a ser triunfo rotundo do capitalismo financeiro na súa versión económica e cultural, iniciada coas políticas neoliberais dos anos 70 e 80 do século pasado. As tres patas do turbo-capitalismo, axenda 2030,  libre circulación de capitais, mercadorías e persoas permitiu a maior acumulación de capital desde o inicio do capitalismo. Iso no imperio anglosaxón. 
 
Os capitais financeiros gañan diñeiro como nunca na historia, e impoñen o seu conxunto de ideas e institucións  acordes á estrutura económica por eles implantada.  Por iso crearon, fomentaron e impuxeron un conxunto de organismos, doutrinas, leis, artes, e estéticas,  teorías lexitimadoras das súas políticas económicas.  En definitiva, o turbo-capitalismo acumula capital e  impón a súa teoría lexitimadora con gran éxito, e só nos territorios do imperio anglosaxón. 
 
E como non pode ser doutra maneira, ten as súas consecuencias. Así, a libre circulación de capitais, outrora fuga de capitais, provocou a deslocalización de  industrias, provocando  desemprego e perda de expectativas laborais nunhas zonas e unha acumulación de beneficios en mans duns poucos. A libre circulación de mercadorías  leva a eliminación de máis  industrias, eliminación de máis  produtividade nunhas zonas, provocando máis e máis  desemprego e máis e máis  perda de expectativas laborais, e grandes acumulacións de beneficios nas mans doutros pouco e nos   mismos de antes. E a libre circulación de persoas, a terceira pata do turbo-capitalismo  Axenda-2030, ten os seus efectos económicos, laborais, sociais e culturais, e  xera potentes beneficios económicos  para uns pouco,  pero  tamén para unha  gran lexión de  pequenos e pequeniños  beneficiados. 
 
A libre circulación de persoas crea conflitos de intereses entre un sector de asalariados,  maiormente no sector asalariado  privado, non así no sector asalariado público. Debemos ter presente que os salarios reais no sector asalariado privado están conxelados desde fai 20 anos e é imposible que suban neste contexto.  Iso é beneficioso para os grandes empresarios, os principais interesados, promotores, defensores e lexitimadores  da inmigración,  e  tamén para unha gran cantidade de pequenos favorecidos. A complexidade da terceira pata do capitalismo financeiro actual  necesita un futuro desenvolvemento en próximas cartas. 
 
Asistimos a multitude de efectos: choques culturais entre a visión laicista propia das sociedades europeas e a nova importada do mundo evanxélico-sionista e islámico. En moitas zonas asístese a un incremento do prezo dos alugueres, ao haber  máis habitantes coas mismas construcións habitacionales, creación de guetos, e as súas lóxicas e evidentes  consecuencias. A modo de exemplo, os alugueres altos benefician a  moito pequenos propietarios porque ven aumentar os seus beneficios económicos. O que para un é malo para outro é cojonudo, e por iso os que se benefician adoitan  aplaudir  a terceira pata da axenda 2030. 
 
Pódese afirmar que as políticas económicas  e culturais  da axenda 2030,  cambiou a realidade económica, social, política e cultural das sociedades europeas (parte do imperio anglosaxon). O capital concéntrase en poucas mans,  como nunca  ocorreu, co seu  aumento da   explotación. E  o conxunto de institucións, ideas, leis,  arte, estética creados e divulgados polos acumuladores de capital, as súas teorías lexitimadoras das súas políticas económicas, cambiaron a contorna. 
 
O vórtice provocado polas políticas turbo-capitalistas da axenda 2030 leva un cambio de paradigmas. Pero os  antigos son parcialmente mantidos. Talvez uns grupos sosteñen os vellos paradigmas por comodidade ou preguiza; outros talvez  por  inocencia;   e  algúns  por ser conscientes da  súa  total inoperancia, adrede, talvez por ser aliados emboscados do Turbo capitalismo, que de todo hai na viña do Señor.  A consecuencia evidente é que  asistimos ao nacemento da   resistencia ou grupos rebeldes. 
 
As teorías legitimadoras das políticas económicas,  conxunto de institucións, ideas, leis,  arte, estética, está instaurada  nunha parte da sociedade e conta con poderosos servidores. Obviamente as tres patas  da axenda 2030 a nivel de rúa contan  co beneplácito de diferentes  clases sociais, unhas porque se benefician e outras polo bo traballo da cultura lexitimadora. O sorprendente  é o incremento incesante do sector  rebelde e resistente. 
Dentro deste vórtice dá gusto escoitar a homes sabios, intelixentes, sinceros, caballerosos e diplomáticos  como Warren Buffet. 

Fotograma de 'Capitalismo, un itinerario crítico'
Fotograma de 'Capitalismo, un itinerario crítico'
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA