Por Galicia Confidencial | Arousa | 12/06/2024 | Actualizada ás 21:05
Decenas de barcos do sector bateeiro concentráronse este mércores na canle da ría de Arousa para mostrar a súa repulsa contra a fábrica de fibras téxtiles que a multinacional portuguesa Altri quere instalar en Palas de Rei. A protesta, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría e Arousa (PDRA) e A Ulloa Viva, congregou a numerosas embarcacións acudiron a recibir ao buque 'Arctic Sunrise' de Greenpeace.
Unha vez á entrada da canle, entre os asubíos das demais embarcacións, o buque de Greenpeace despregou unha gran pancarta na que se puido ler 'Defende o mar' e polo lado de estribor: 'Altri non'. Ademais, varios barcos portaron pancartas cos lemas 'Non á celulosa, si á ría de Arousa' e 'Todos a Santiago o domingo 30 de xuño, Altri non' (en referencia á manifestación que terá lugar en San Caetano).
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Última hora incendios: Reabre a AG-31 en Celanova despois de estar pechada polos incendios forestais
- Esixen o cesamento da conselleira de Medio Rural e o seu equipo desde o Instituto Galego de Terras Comunitarias
- Reaccións incendios: O PSdeG pide a comparecencia de Rueda para "render contas" sobre os incendios
- Galicia tece redes de apoio contra o lume: cando arde a terra, érguese o pobo
- Arde Galicia.- Os Comités da dana amosan a súa solidariedade cos incendios
- As lapas asolan Galicia: esgotamento, indefensión e, coma sempre, o pobo case só enfrontándose ao lume