Como sacarlle rendemento a Amazon

Malia o crecemento de Aliexpress, o xigante norteamericano segue a o gran dominador do comercio electrónico de produtos físicos no Estado. De cara a campaña de Nadal, resulta moi interesante explorar algunhas das novas ferramentas que permiten facer un uso máis sinxelo e eficaz do gran supermercado en liña.

Por Galicia Confidencial | Biscaia | 16/11/2015 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Unha das últimas aplicacións máis interesantes é Monitorizo.es, un avisador de baixadas de prezo de Amazon. O seu funcionamento é moi sinxelo: abonda elixir que ítems ofertados en  Amazon estariamos interesados en adquirir e a ferramenta nos avisará cando estes produtos baixen de prezo. 

Ademais, o portal publica gráficos cos que se pode consultar como está a evolucionar o prezo ao longo dun determinado período de tempo. Grazas a esta funcionalidade, o internauta pode saber se se trata dun bo momento para lanzarse a comprar ou, se polo contrario, cómpre actuar con máis prudencia e agardar a que cheguen outras épocas do ano nas que son comúns os descontos, especialmente en certos tipo de produtos pois, por exemplo, é normal que os trebellos tecnolóxicos caian de prezo unha vez pasada a tolemia consumista das festas de Nadal. 

A actualización de datos procedentes de Amazon é constante, polo que a evolución dos prezos pode consultarse case que en directo. Ademais, é posíbel filtrar os resultados das buscas e gardalos para unha ocasión posterior. Estas búsquedas son públicas, facilitando que o público en xeral poida seguir resultados de evolución de precios en sectores determinados, en produtos de informática ou en pezas de roupa por exemplo.

Este novo portal foi pensado e programado por Alex Santolaya e Óscar Cervero, dous desenvolvedores de software residentes no País Vasco, concretamente en Biscaia,  emprendendores interesados en sacarlle partido as últimas bajadas de precio que se poden atopar en Amazon investindo un pouco de tempo.

Polo de agora, Monotorizo só está dispoñíbel en España. Agora ben, os seus promotores aseguran que agardan poder lanzalo noutros países proximamente. De feito, Santolata e Cervero indican que xa están a traballar neste desenvolvemento, emprengado de novo a linguaxe PHP e con bases de datos en MySQL.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta