Por GC Tendencias | Vigo | 16/11/2015 | Actualizada ás 23:19
O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acolle mañá, martes 17 de novembro ás 11.30 h., a rolda de prensa de presentación de The Hole 2, que dá continuidade ao exitoso The Hole.
The Hole 2 estará na cidade do 3 ao 8 de decembro, cun total de 9 funcións. A presentación contará coa asistencia de Alex O’Dogherty, mestre de Cerimonias e autor dos textos do espectáculos; Carlos Alexandre, director da xira The Hole 2, da produtora LetsGo Company, e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.
The Hole é un espectáculo creado en España en 2011. O evento pasou dúas exitosas tempadas en Madrid, e desde o verán do 2013 xirou por cidades como Barcelona, Sevilla ou Málaga, nas que logrou esgotar entradas ou prolongar as datas anunciates.
As entradas xa se poden adquirir en liña en ataquilla.com, dende só 15,3 euros. A función está recomendada para maiores de 18 anos, aínda que os maiores de 16 tamén poden acudir no caso de iren acompañados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.