O Partido da Terra tamén se presentará ás xerais

Acada máis de 3.000 avais que posibilitan que poida presentar candidaturas aos comicios do 20D. Será o único que vaia en solitario e cun programa que ataca á “política profesional” e aposta porque todos os cidadáns sexan “suxeitos políticos”.

Por Galicia Confidencial | Lousame | 18/11/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Partido da Terra presentarase, finalmente, aos comicios galegos. Será a única formación da esquerda que se presenta mantendo o seu nome, sen formar parte de ningunha coalición, e coa necesidade de que sexan as persoas as que decidan e non as cúpulas.

Integrantes do Partido da Terra
Integrantes do Partido da Terra | Fonte: PT


Finalmente foron máis de 3.000 persoas en toda Galicia as  que deron o seu apoio en forma de avais á participación do Partido da Terra nas eleccións xerais de decembro, con candidaturas ao Congreso e ao Senado en todas as circunscricións galegas. Superouse, así, a obrigación de reunir avais do 0,1% das persoas electoras inscritas en cada circunscrición, á que non están suxeitas as candidaturas que inclúen partidos que xa contan con deputadas electas.

As candidaturas foron presentadas este luns e, por primeira vez, destaca esta formación “resultaron dun proceso de elección por sortes, considerada historicamente a principal característica da democracia”. “Frente a política profissional, numa comunidade democrática, todas as pessoas devem ter a condição de sujeitos políticos plenos, sendo as quendas aleatórias e rotativas um instrumento fundamental, desde a ecclesia ateniense até os concelhos abertos paroquiais galegos”, indica nun comunicado.

Deste xeito, o PT di que confrontará o bloque monolítico de políticos “profesionais, estatistas, parlamentaristas e desenvolvimentistas” que disputan, di, “a concesión administrativa de decidir por nós durante os próximos catro anos”. A súa será “unha alternativa à política profissional centrada no autogoverno das pequenas comunidades”.

O Partido da Terra foi fundado en xullo de 2011 como movemento de transición para o autogoberno asembleario en concello aberto e para a autosuficiencia comunitaria. Desde o inicio, a súas accións foron sempre encamiñadas a provocar unha transformación radical e necesaria do concepto “política”, a través da reivindicación da democracia directa asemblearia e a construción de institucións alternativas ás do estado. O seu obxectivo é “desenvolver a auto-organização cidadá e reclamar o direito a decidir tudo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Exiliado

Parabéns! A verdade é que lle botades moita coraxe e conseguides cousas que outros que barullan moito logo non son capaces. Nen Cerna, nen CxG, nen a tropa indepe, nen ninguén máis non sendo vós e os do bloque foron capaces de presentar candidatura, e tres mil avais son moitos avais de diós. Nesta país facía falta mais xente como vós. Deséxovos os mellores resultados.

1 abrindo camiños

Penso igual que o compañeiro. Neste país sobra moita leria e falta moito traballo. Eu non só vos desexo moita sorte, senón que vou votar por vós.

4 5jd9

O PT que hai en portugal é preocupante, ata van na coalición ultra "libertas" Europa. Estes van de moderadiños e guais, pero o nacionalismo portugués é o mesmo.

1 n97P

Andas um bocado despistado. Curioso que confundas o PT galego com o MPT português e ao mesmo tempo nom o confundas com o PT brasileiro... hahahaha

2 5jd9

Teñen o mesmo nome e a mesma ideoloxia luso-imperial, supostamente ecoloxista, algo raro hai por aí.

3 disco raiado

cada vez que hai unha noticia do PT sae este coa mesma leria que non sei de onde a tirou. cousa pesada.

4 rvDe

Nestas noticias do PT sempre comentan os mesmos, os 5 militantes activos botando flores a organización, por moderna e democratica, pera non enganan a ninguén.

5 land party

que errado estás my friend, o pt é a rama continental do LAND PARTY! http://www.landparty.org.uk/ https://www.youtube.com/watch?v=JQM...

6 land party

O vídeo eleitoral dos nossos colegas insulares! https://www.youtube.com/watch?v=zZb...

3 flipando con la pena

E estes ghichos de onde sairon? Que se vaian a portugal!

1 Ias flipar mais com o meu pene

Disque som umha cisom do BNG, só que já se cindirom antes de entrar. Quando menos som os únicos sem eñes nos seus textos e sem espanholitos na sua candidatura. É lógico que os espanholitos como tu estejam a rabiar. Di-lhe a Glory Lake que lhes dedique um artigo no seu blogue, pasmom!

2 cornelle

Unha opción para votar unha alternativa política realmente democrática, decrecementista e popular. Parabéns!

1 Descentralizado

O PT não tem secretário geral nem qualquer órgão central desde há anos. Está mal o pé de foto.

1 Centro

Além disso, no centro da imagem está a Iolanda, nom o Joám. :)