Comeza o xuízo contra Rojadirecta na Coruña

A web realizada en Galicia con máis visitas non é da Xunta, a de Zara ou a dun medio de comunicación. É Rojadirecta, o portal especializado en enlaces que permiten seguir en directo eventos deportivos e descargar os partidos. En 2011, cando o goberno dos Estados Unidos bloqueou o acceso a varios dos seus dominios, o portal declaraba máis dun millón de visitas únicas diarias. Rojadirecta gañou aquel preito e continou a operar legalmente.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/11/2015 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Hoxe comezou a vista oral dun novo preito, promovido por Media Pro e a LFP. Fíxoo na Coruña, no Xulgado do Mercantil número 2, tras trasladarse o caso dende Madrid. Esta era unhas das reivindicacións de Igor Seoane, o administrador da web, pois a empresa editora está baseada en Arteixo, polo que non entendía porque o procesaban en Madrid.

Cámara da TVG filmando o fútbol nun partido do Celta en Balaídos
Cámara da TVG filmando o fútbol nun partido do Celta en Balaídos | Fonte: crtvg.es

O letrado de Seoane ofreceu depositar unha caución de 10.000 euros no xulgados para facer fronte aos posíbeis perxuízos. Os letrados de Mediapro e Gol TV reclamáronlle ao xuíz que non aceptase depósito algún e que, de facelo, debería fixar unha cantidade de polo menos 50 millóns de euros.

Tal diferencia mostra até que punto son diferentes a visión das partes da actividade do portal. Seoane argumenta que el só proporciona enlaces e que en Rojadirecta non hai publicidade. As empresas audiovisuais cren que os enlaces violan os seus dereitos de propiedade intelectual e que Seoane obtén beneficio económico dalgún xeito.

Mediapro e Gol TV denuncian tamén que Rojadirecta segue a funcionar, incumprindo na súa opinión as medidas cautelares impostas; mentres o letrado da defensa cre que estas medidas cautelares deberían ser substituídas por unha caución de 10.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta