O programa de Nós aposta antes pola soberanía que pola independencia

A Candidatura Galega quere que Galicia participe nunha “eventual recomposición do escenario estatal” “en pé de igualdade con outras nacións do Estado” para lograr a autodoterminación, pois considera que as competencias autonómicas son débiles e están capadas por Bruxelas e Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/11/2015 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

Nós Candidatura Galega, a lista electoral que apoia o BNG e partidos galegos moito máis pequenos, xa publicou o seu borrador de programa para os comicios. Aínda que os máis de 5.000 asinantes da plataforma Iniciativa pola Unión, están chamados a votar o borrador a través da Internet entre as oito da tarde do luns e as oito da tarde do mércores, as bases ideolóxicas xa están definidas claramente.

Presentación de Nós Candidatura Galega en Lugo
Presentación de Nós Candidatura Galega en Lugo

Nós esgrime un discurso marcadamente nacionalista. Así entende que a solución aos problemas do país pasa por “a soberanía que nos faga enfrontar a dependencia e a subordinación omo as principais causas da situación crítica que padecemos como pobo”. Afondando nesta idea, desbota en principio que unha reforma da Constitución actual sirva para algo, xa que “perpetúa a dependencia de Galiza” e “calquera reforma que parte das mesmas bases na que está asentada mantería o sometemento ao parlamento español e non arranxaría o problema das nacións sen Estado: a falta de soberanía”. 

Con todo, no borrador do programa non se aposta por rachar de fronte coa Constitución Española, seguindo algo similar ao modelo dos independentistas cataláns. De feito a palabra independencia non aparece nin unha soa vez nas 58 páxinas do texto proposto, fronte as oito veces que aparece o termo soberanía. 

No borrrador do progama hai varias referencias á reforma da Constitución para cambiar  o modelo de Estado e facelo máis social. Por exemplo, apostase pola “modificación da Constitución, para que inclúa o dereito fundamental da cidadanía á cobertura do Sistema Público de Servizos Sociais”,  “eliminar a referencia á Igrexa Católica na Constitución” ou suprimir os artigos da Carta Magna que limitan o poder de Galicia para artellar o seu propio ensino público.

No referido ao como cambiar o modelo de Estado, Nós aposta porque unha “representación nacionalista” sitúe a Galicia no debate dunha “eventual recomposición do escenario estatal”. O obxectivo nese hipotético debate dunha nova constitución sería que o Galicia estivese “en pé de igualdade con outras nacións do Estado” cun obxectivo final claro, a autodeterminación, sen referencias a unha posíbel posterior independencia.

En opinión de Nós, o estado autonómico actual mostrouse incapaz de proporcionar resposta ao que o país necesita nestes tempos de cirse económica. O motivo é que as competencias autonómicas son “débiles” e “baleiradas de contido, por decisións que se toman polo goberno español ou na Unión Europea” e capan a capacidade de cremento de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Nós

Nós os galegos non podemos ter a nosa constitución propia, di Nós en Madri que temos que mamar da ejpañola. Tratantes.

5 Rayleigh

Xa andan os CM's mareados.. Rapaces, quen vos paga as horas extras? O PP, PSOE ou PODEMOS? Anda...mirade o que levan as mareas: http://www.eldiario.es/politica/Pab... . O Martiño anda botando balóns fora, IU-Galicia vaille facer a cama o seu propio candidato (Garzón) e estafando os seus propios votantes (E todos dando palmas), PODEMOS, xa nin rupturismos nin farrapo de gaita. Estos de NOS polo menos levan as ideas claras. A día de hoxe non hai ninguén que poida dicir o mesmo das Mareas. Que di o Breogán de PODEMOS? Vaise gañar algún mes os 1500 € que cobra?... A ver se o pillades: conseguíchedes as alcaldías DE CHIRIPA. E xa está. Por iso saídes nos medios. Por que sodes fácil de eliminar e de paso cargádesvos calqueira alternativa o bipartidismo PPSOE. Sodes a carne de cañón do R78. E ben contentos que estades pensando que vos votan por ser altermundistas...

4 partido comunista chino

Cantantes

3 qsYE

Arroz queimado.

2 Gamela

Nós a Madrid ? Semella un mapa para facer auto-stop ! Para logo dar a volta para unha "autodeterminación" que non é "independencia" senon "Soberanía" (?) Novamente o eterno discurso GALEUSCAT que na vida nos serviu de nada, agás traballar para que os demáis fixeran os seus grupos palametarios en Madrid aínda máis ghordos ! Paco Rodríguez segue a collela con papel de fumar! Aquí a única burguesia nacionalista chámase Cuiña Junior (así que preparádevos para unha longa desfeita!) / E por que fan o paripé das votacións coma os de Podemos? Para o que se conta mellor non volver a ter que lelo...!