Falece o autor de Memorias dun Neno Labrego

Neira Vilas, membro da Real Academia Galega, morreu este venres aos 87 anos. Na súa vida gañou a Medalla Castelao, o Premio de la Crítica Española e o Pedrón de Honra, entre outros moitos galardóns.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 27/11/2015 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Segundo resume a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Bos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e codirector do xornal Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial "Follas Novas" para difundir o libro galego en América.

Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas

Publica en 1960 o poemario Desde lonxe e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desde 1983 ata que se xubilou, desempeñou o cargo de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. En Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros ao redor do tema. Radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal, onde preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas.

Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas.

Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas | Fonte: Kalandraka
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Edu

A desmemoria avante neste venres negro

3 Santa Comba

DEP grande autor da literatura infantil.

2 Bufffff

Era moi comunista, sentíase cómodo na ditadura cubana abstraéndose se non se felicitaba polo sangue que derramou ese réxime totalutario para chegar a construir unha ditadura comunista.

1 Lelo

Mal esta un país que no respeta a los muertos.la sociedad española está enferma. Descanse en paz el autor de una obra sencilla

2 Bufffff

Supoño que tamén che parecerá mal o obituario con hurras pola morte de Fraga, non?

1 eu son Balbino....

Balbino, o noso avó deixounos........Dillo a Lelo. Grazas por conseguir escribir a miña infancia con tanto detalle. Grazas, avó.