Os alcaldes das mareas anuncian unha fronte común para reforzarse

Dez rexedores de todo o Estado, entre eles, os da Coruña, Santiago, Ferrol, Barcelona ou Madrid, descartan competir e denuncian o "afogamento financieiro" ao que están sometidos. Amosanse contrarios á unha intervención militar en Siria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/11/2015 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Alcaldes e representantes de dez cidades nas que gobernan listas populares acordaron este sábado realizar unha fronte común para cooperar, reforzar posicións conxuntas e evitar a competencia. Neste sentido, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anfitrión do foro "Cidades polo Ben Común", apostou pola colaboración conxunta para ser, dixo, "máis fortes".

Alcaldes e representantes de dez cidades onde gobernan as mareas que se deron cita na Coruña no foro Cidades polo Ben Común
Alcaldes e representantes de dez cidades onde gobernan as mareas que se deron cita na Coruña no foro Cidades polo Ben Común | Fonte: Concello da Coruña

Ao rexedor coruñés acompañárono no palacio de María Pita, sede do Concello, os seus homólogos de Barcelona, Ada Colau; Santiago de Compostela, Martiño Noriega; Ferrol, Jorge Suárez; Valencia, Joan Ribó; e Zaragoza, Pedro Santisteve, e outros representantes de Madrid, Oviedo, Pamplona e Cádiz.

"Colaboramos durante a formación das candidaturas, axudámonos uns a outros e a idea é que siga así no Goberno. Que non compitamos entre nós e que colaboremos para facernos máis fortes", apuntou Ferreiro ante os medios de comunicación.

O seis alcaldes e o resto de representantes municipais reuníronse no Consistorio coruñés para abordar asuntos sobre mobilidade, medio ambiente, facendas locais, economía sustentable e consumo responsable, transparencia, participación e seguridade cidadá.

O obxectivo final tamén está vinculado á importancia dos proxectos comúns á hora de conseguir fondos comunitarios, pois a Unión Europea premia as ideas conxuntas de diferentes localidades, algo polo que avogou Ferreiro.

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro
A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro | Fonte: Concello da Coruña

Denuncian "afogamento financieiro"

No marco desta xuntanza, o alcalde de Zaragoza, Pedro Santisteve, tamén denunciou que as cidades españolas, e en particular as que participan neste foro, sofren un afogamento financeiro" que lles impide "atender os problemas da xente do montón".

Tras unha reunión de preto de dúas horas, o rexedor de Zaragoza detallou que "todos os concellos rebeldes" continúan "en pos dunha mellor coordinación para mellorar a situación de precariedade" pola "débeda" que os afoga".

Criticou tamén que "a oposición tenta socavar calquera decisión que queremos tomar", aínda que eles pretenden facer todo con "honradez, limpeza, transparencia e participación cidadá".

"Non á guerra"

Os alcaldes e representantes destas cidades, xunto con algo máis de duascentas persoas, tamén se concentraron na cidade herculina para rexeitar a guerra en Siria. Ao acto uniuse o rexedor de Oleiros, Anxo García Seoane.

Os presentes gritaron consignas como "Non á guerra", "Nunca máis" e "Non no noso nome", pois esta última frase daba nome á iniciativa. Ferreiro explicou aos medios de comunicación que o que desexan é "apoiar o sentido común da maior parte da poboación" que, "pese á dor e a conmoción polos atentados de París", sabe que o problema "non se arranxa con máis violencia".

"Débense tomar medidas coordinadas que respecten a legalidade internacional e que respecten as vidas das persoas que viven en Oriente Medio", apuntou.

Os alcaldes desprazaranse a Santiago de Compostela, onde serán recibidos polo alcalde, e posteriormente voltarán á Coruña para participar nun acto organizado pola formación Marea Atlántica, o grupo que goberna a cidade.

Neste evento, previsto en palacio de exposicións e congresos Palexco a partir das 19:30 horas, ten previsto participar tamén o alcalde de Cádiz, Pedro González "Kichi" e o secretario Político de Podemos, Íñigo Errejón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 Alberte

Los chicos de la sexta en pleno! Vale máis un minuto de televisión que un ano de xestión! Venha, ide trabalhar, como facemos os maiores. Logo a televisión que vos mercamos co noso soldo só sirve para que vexades a sexta e Disney Channel. Ide a trabalhar xa!

3 cachamuiña

Unha e outra vez cometedes o mesmo erro: Que ten que ver Ferrol en Común coas mareas? Absolutamente nada. Que ten que ver Jorge Suárez con Martiño Noriega ou Xulio Ferreiro? Pois aínda menos.

2 Votante de Cayo Lara

Ven o alcalde de Cádiz dicirlle aos de Pontevedra como se transforma un concello? Que transforme primeiro Cádiz, en Galicia xa hai un referente claro de xestión muncipial exemplar. O da Coruña podía explicar en que é ser rebelde renovando a privatización da ORA, atacando os praceiros ou non devolvendo a paga aos traballadores. O de Ferrol, que diga por que aplica o plan urbanístico do PP na zona vella. O de SAntiago, a desidia e a inoperancia na xestión diaria. Despois que dean leccions. E os actos de partido que os paguen os partidos non con fondos municipais.

1 comunista independentista

Cómo se parece o discurso dos trolls a soldo do BNG ao da prensa ultradereitista española...

1 André

Aí hai Mareas e representantes de Podemos, que non é o mesmo. A de Oviedo non é alcaldesa.

1 Comunista do PCG

Vergonzoso que o alcalde de Iu en Ferrol se preste a este paripé cos pallasos podemitas, Non ten alcaldes rebeldes o IU?

2 Peseghísta do comú

"Comunista do PCG" mira que trolleas sen gana ningunha... non se che ocorreu un nick menos evidente para finxir que es do PCG cando en realidade ti es... es... en fin, non fai falta dicilo. Toma unha infusión e reláxate, quédanche anos de aturar a subida dos movementos nacionais populares. En Galiza tamén e nas cidades sobre todo.

3 peixe berrando franco franco

Que vos pasa os españois coa retranca?

4 somos + En_Marea

Non sei, pregúntalle a eles e de paso a Paco Rodríguez que lle pasa a el coa palabra "independencia", que non se atreve.

5 Faramontaos

A quen lle hai que preguntar, e non pola independencia, senón simplesmente por Galiza é a Podemos e a I.U. O que pasa é que a resposta xa se sabe: somos un recuncho do seu proxecto español.

6 Meininho

Que peniña dan istos iluminados do soberanismo estupefacente e papanatas en realidade do que se fai en Catalunya. Non so quedaron co traseiro o aire coa sus negativa a baixarse os soldos na Diputación se non que seguen coa reina dos praceiros segundo dicta a pastora do rebaño Ermitas Valencia, aquela mullet que aos 6 meses de ser concelleira tiña a metade da cidade en contra. Tomar ginseng ou algún opiaceo para asumir a vosa anunciada derrota.

7 Xan Carallán

Oh Galicia canto parviño hai falando no teu nome. Esos que se proclaman como verdadeiros amantes da patria e so defenden os seus privilexios de sempre. Vella e apodrecida caste poltitica dun nacionalismo rancio e reseso que non se resiste a morrer é se acolle o virtuoso manto dunha grei de intelectuaís obsesos en non perder o leite que sae dos tetos do poder.