A carreira electoral do PP

O PPdeG abrirá na Coruña a campaña. Rajoy estará polo menos nun acto e Feijóo mitineará fora de Galicia. Tamén acudirán os presidentes de Madrid e Castela e León. ESte partido buscará a "interacción e a bi-direccionalidade na comunicación cos galegos".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, visitará Galicia para pedir o apoio dos seus veciños, cando menos, un día durante a campaña electoral. Será nunha campaña cunha nova estratexia que prevé menos mitins pero máis actos de proximidade.

Rajoy con Feijóo en un mitin
Rajoy con Feijóo en un mitin

Unha campaña na que, en Galicia, se volcarán diferentes cargos orgánicos do PPdeG e diferentes dirixentes, comezando polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que acudirá, diariamente, a un gran acto electoral.

Pero o presidente galego, tamén irá fora a mitinear. Será o día 7 de decembro, un día despois de que acoda a Madrid para conmemorar o aniversario da aprobación da Carta Magna española.

A axenda de actos do PPdeG arrincará na cidade da Coruña coa tradicional pegada de carteis na madrugada do xoves ao venres. Ademais de actos nas catro provincias galegas, Feijóo tamén recibirá a axuda da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, e dos presidentes das comunidades de Madrid e Castela e León, Cristina Cifuentes e Juan Vicente Herrera, que farán campaña en Galicia en datas que neste momento están aínda por concretar.

Así o comunicaron o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e o director da campaña dos populares galegos, José Manuel Rey Varela, que presentaron este sábado as liñas a seguir polo PP. Os populares realizarán un bo número de actos sectoriais nos que se explicará o que este partido fixo "co apoio dos cidadáns neste catro anos" e no que fará os próximos catro "se consiguen o respaldo dos galegos".

Alfonso Rueda e Rei Varela, avanzaron que o partido contará coa implicación máxima de todos os seus activos: desde concelleiros, portavoces, alcaldes e presidentes provinciais, até conselleiros e cargos autonómicos de partido e do grupo parlamentario.

"O obxectivo segue sendo que ninguén que queira falar connosco quede sen facelo", dixo Rueda. Neste sentido, destacou, ademais das canles tradicionais de contacto e o uso as redes sociais ou a nova conta de WhatsApp, que se intensificará a presenza física na rúa para buscar "esa interacción e esa bi-direccionalidade na comunicación cos galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Esta campaña promete, o PP nas prazas e as Mareas no Palexco... O mundo ao revés !!!

1 Ana

Seria bo que os galegos algunha vez analizasen como esta Galiza en canto a perdida de poboacion, xovenes formados que emigran, a situacion do sector lacteo, a situacion dos sectrores naval e a pesca, a situacion da lingua galega, despilfarro nalgunha obra faraonica innecesaria, situacion dos salarios e pensions dos galegos, situacion da sanidade publica, a debeda publica, etc. Se analizasen un pouco como esta o pais de seguro que non votaban o que votan.