Por E.P. | MADRID | 27/08/2024 | Actualizada ás 14:54
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, pediu "cautela" antes de valorar a tempada de incendios, que "empezan cada ano antes e acaban máis tarde". A ministra tamén puxo de manifesto as ondas de calor que se rexistraron no mes de agosto.
Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Ribeira destacou que xuño foi un mes "fresco para o que son os parámetros habituais" e que xullo se beneficiou diso. Aínda que recoñeceu que agosto tivo incendios, sinalou que "afortunadamente non houbo que lamentar grandes incendios como outros anos".
Así mesmo, indicou que en agosto se produciron "ondas de calor agudas" e que a temperatura da superficie do Mediterráneo bateu marcas. Ao seu xuízo, isto "explica a acumulación de enerxía nalgúns dos fenómenos meteorolóxicos extremos" dos últimos días, como treboadas ou tornados.
A ministra recalcou que isto ten "unha incidencia directa" na saúde das persoas, nas infraestruturas e no consumo da enerxía e a auga. Neste sentido, lembrou que o Goberno lanzou en febreiro o Observatorio de Saúde e Cambio Climático.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.