Por Galicia Confidencial | Camariñas | 04/09/2024 | Actualizada ás 09:53
Un pesqueiro de 14 metros ardeu por completo na madrugada deste mércores no porto de Camariñas. A Garda Civil investiga xa as causas dun sinistro que rematou coa embarcación calcinada por completo en moi pouco tempo.
A embarcación comezou a arder sobre as dúas da madrugada e foron varios particulares os que deron aviso aos servizos de emerxencia. De feito, algúns deles gravaron todo o acontecido. Desde o 112 informouse a Salvamento Marítio, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e de Carballo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.
Foron estes últimos os que, ao chegar ao lugar, comprobaron que na embarcación había varios elementos de risco como bombonas de osíxeno. Nese momento, Salvamento Marítimo traballaba xa na extinción do lume desde o buque Salvamar Altair. Tamén precisaron que na cuberta do barco había dúas bombonas de butano. De feito, houbo varias esplosións na embarcacijón.
Con todo, confirmaron que non había outras embaraciones próximas que corresen perigo. Ademais, a Xunta activou o Plan Territorial de Contigencias por Contaminación Mariña Accidental en fase de alerta para conter e controlar un posible vertido polo incendio. De feito, Sasemar explica que se despregaron barreiras anticontaminación por Gardacostas.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Desarticulada unha rede criminal de ciberestafas que usurpou case 1.600.000 euros
- Un falecido e un ferido nun accidente de tráfico no Corgo
- Un condutor ebrio atropela ao alcalde de Sanxenxo
- Altri e Ence son incompatibles cun "desenvolvemento territorial equilibrado", segundo profesionais da arquitectura
- As pequenas comisións de festas non poden competir cos festivais: o caso de Figueirido, que tivo que acurtar un día
- Máis de 2000 persoas en toda Galicia pasan á última fase das oposicións de educación