A Xunta acusa ao Goberno central de seguir sen transferir os fondos para paliar os danos do lobo

A Galicia correspóndenlle 2,2 millóns de euros para medidas de prevención e 1,8 millóns para danos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2024 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, reiterou o compromiso da Xunta para garantir o equilibro e a convivencia entre a actividade gandeira e a protección do lobo fronte ao "deixamento" do Goberno central, que "segue sen transferir" ás comunidades os fondos para compensar e previr os danos que esta especie causa ao sector primario.

Marisol Díaz subliñou que aínda "non se produciu" o traspaso de fondos correspondentes a 2024, cuxo repartición se acordou na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente celebrada o pasado mes de xullo polo que a Galicia correspóndenlle 2,2 millóns de euros para medidas de prevención e 1,8 millóns para danos. Nun comunicado, a Xunta lembrou que en 2022 a repartición foi "inxusta" coa comunidade por "non apoiar" a estratexia nacional, polo que Galicia interpuxo un recurso contencioso-administrativo que aínda non foi resolto.

A maiores, continuou, o pasado ano "non se chegou a facer" esta distribución dos fondos entre as comunidades por "problemas internos" do Executivo central. Por tanto, Galicia "aínda non ingresou" os 12 millóns de euros que lle corresponderían do período 2022-2024, o que supón un "importante prexuízo" para o sector gandeiro afectado e para a propia Xunta.

Lobo
Lobo | Fonte: AB PHOTOGRAPHY - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta