Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 12/09/2024 | Actualizada ás 14:21
A Policía Autonómica e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta esclareceron un incendio producido o 21 de agosto no Grove, con 0,3 hectáreas queimadas nunha zona protexida, e polo que hai unha persoa investigada. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, os axentes realizaron unha inspección ocular e confirmaron que as chamas se orixinaron "por unha fonte de calor directa como un chisqueiro", polo que determinaron a súa intencionalidade.
O incendio ocorreu no lugar de Reboredo, na parroquia de San Vicente. Afectou a unha superficie de 0,3 hectáreas de alto valor ecolóxico, por ser un Lugar de Interese Comunitario (LIC), unha Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e da Rede Natura 2000. As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Cambados. No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou xa a 11 persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.