Bestialidade contra uns cachorros en Castrelo do Val

Achan a seis cadeliños mortos a golpes. A nai, sedada, tras pasar xunto a eles horas sen comer nin beber. Anteriormente, xa se acharon mortos máis cachorros desta mesma cadela e a semana pasada localizaron un gato morto, que recibira tres balíns.

Por Galicia Confidencial | Verín | 23/12/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Membros da protectora de animais de Verín denunciaron ante a Garda Civil a morte de seis cachorros, que foron golpeados na cabeza até morrer na localidade de Castrelo do Val, na provincia de Ourense.

Cachorros de grifón
Cachorros de grifón | Fonte: cazaocasión.com

A nai dos cadeliños, de raza grifón, foi atopada con eles tras horas sen comer, nin beber, e con temperaturas moi baixas. Os membros da protectora sedarona para tentar levala a outro lugar. Os animais apareceron mortos nunha leira particular, situada nas inmediacións dunha obra.

A cadela estaba abandonada e vivía na rúa aínda que era atendida por un matrimonio que tiña unha casa xunto á obra, que era quen se encargaba de alimentalos. Os cachorros, que tiñan un mes de vida, foron golpeados este luns na cabeza até morrer, horas antes de que foran recollidos pola protectora para levalos a casas de acollida.

Desde a protectora afirman que non é a primeira vez que ocorren este tipo de feitos na zona de Monterrei e falan de casos "continuos" de malos tratos a animais. Anteriormente a este episodio, xa acharon mortos máis cachorros desta mesma cadela e a semana pasada localizaron "un gato morto, que recibira tres balíns".

Ante esta situación, a protectora presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Confían en que os axentes poidan identificar ao autor ou autores da morte dos animais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta