El Rei chama ao "entendemento" entre as forzas políticas e institucións

Evita falar da corrupción nun discurso no que insiste en que as institucións "camiñen sempre ao mesmo paso do pobo español ao que serven e representan". Felicita as festas en español, galego, catalán e euskera.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 25/12/2015 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O entendemento entre os españois. Esa foi a mensaxe de El Rei Felipe VI na súa tradicional mensaxe de Nadal. "Vivimos tempos nos que é necesario recoñecernos en todo os que nos une". "É necesario ensalzar todo o que nos une, o que nos fai sentirnos españois", indicou.

Mensaxe de Nadal de Felipe VI
Mensaxe de Nadal de Felipe VI | Fonte: RTVE

O monarca español insistiu que na actual "realidade constitucional española" caben "moitas formas" de sentirse "españois" e propuxo apreciar os logros de España, valorar a súa pluralidade política e diversidade lingüística e recoñecerse en todo o que comparten os españois sobre o cimento da Constitución".

Neste sentido, referiuse á nova lexislatura que se abre, sen maiorías absolutas, na que, apuntou, España "requiere de todos os esforzos, todas as enerxías, todas as vontades democráticas das institucións españolas para asegurar e consolidar a posición alcanzada".

Tamén invocou á "pluralidade política expresada polas urnas", unha nova realidade que trae "sensibilidades, visións e perspectivas distintas" e que comporta "unha forma de exercer a política baseada no diálogo".

Felipe VI tamén reclamou dinamismo ás institucións e "concordancia" coa sociedade para que "camiñen sempre ao mesmo paso do pobo español ao que serven e representan". Non aludiu á corrupción, o principal cancro da pasada lexislatura e que estivo moi presente no seu discurso de 2014. Só apelou ás "demandas de rigor, rectitud e integridade que esixen os cidadáns para a vida pública".

Con todo, si se referiu aos problemas económicos e dixo que a súa solución teñen que ser "unha prioridade para todos". O Rei lembrou o deber das institucións "cos cidadáns, as familias e especialmente os máis novos para que poidan recuperar a tranquilidade e a estabilidade coas que afrontar o futuro".

A gravación da mensaxe, que tivo lugar o martes, realizouse por primeira vez fóra do seu lugar habitual, o Palacio da Zarzuela. O lugar escollido foi o Salón do Trono do Palacio Real de Madrid. É onde a Coroa celebra os actos de Estado nos que, segundo destacou o Rei na súa mensaxe, "quere expresar, coa maior dignidade e solemnidade, a grandeza de España".

O monarca español felicitou as festas aos nas catro linguas do Estado (castelán, galego, vasco e catalán).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

El rey no tiene corona...