Como e canto son de transparentes as deputacións galegas?

O informe 2015 de Transparencia Internacional España aproba aos catro organismos provincias, aínda que hai algúns que suspenden ou teñen peor nota que a media en varios apartados, principalmente, na transparencia económica-financieira, contratacións e apoio a concellos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/12/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As deputacións galegas son transparentes a pesar do que poida parecer. Así o reflicte Transparencia Internacional España no seu último informe de 2015 no que avalía a transparencia de 45 deputacións provinciais e elabora un ranquing global destas institucións. E, curiosamente, en contra do que puidera parecer, a Deputación de Ourense é a mellor situada das galegas.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra | Fonte: depo.es

A puntuación media das 45 deputacións é de 81,7 puntos e destaca, ademais das cinco que lograron a máxima cualificación  de 100 puntos – Huelva, Palencia, Tarragona, Valladolid e Biscaia--, a de Ourense que obtivo un sobresaínte cun meritorio 95,6.

A máis distancia fican o resto dos organismos provinciais galegos, aínda que todos eles superan os 80 puntos e están por riba da media. Así, Pontevedra está no posto 20 con 89,4 puntos,, Lugo no posto 24 con  85 puntos e A Coruña no 25 con 83,1 puntos.

Sen embargo, as diferencias agrándanse cando se trata de analizar pormenorizadamente os seis puntos deste ranquing de transparencia. Así, as deputacións galegas teñen boa nota no que ten que ver coa información ou as relacións cos cidadáns, pero peor nota nas cuestións que tocan a transparencia económico-financieira, as contratacións ou as relacións cos concellos.

Asi, a de Lugo, por exemplo, é a única que suspende nun destes indicadores, no de Transparencia nas contratacións de servizos. A media sitúase en 65,8 puntos e este organismo provincial obtivo 12,5 puntos. Tamén está por debaixo da media a da Coruña con 50 puntos.

José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense
José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense | Fonte: DF

A Deputación de Lugo tamén volve estar por debaixo da media en transparencia económico-financieira con 71,4 puntos sobre 83,1 e a da Coruña no indicador da lei da transparencia con 64,3 puntos sobre 78,3. Tamén a de Pontevedra está nun indicador por debaixo da media. É o de transparencia en materias de servizos e apoio a municipios que obtén 70,8 puntos dunha media de 81,9.

Estes son os resultados:

Información sobre a deputación provincial (media 83,5 puntos)
1. Ourense, 100
11. Lugo, 94,0
14. Pontevedra, 92
21. A Coruña, 82

Relacións cos cidadáns e a sociedade   (86,1 puntos)
1  Lugo, 100
1. Ourense, 100
18. Pontevedra, 90,9
26. A Coruña, 86,4

Transparencia económico-financieira   (83,1 puntos)
1. A Coruña 100
1. Pontevedra 100
15. Ourense  92,9
36. Lugo  71,4

Transparencia nas contratacións de servizos  (65,8 puntos)
1. Ourense  100
17. Pontevedra 75
31. a Coruña 50
38. Lugo 12,5

Transparencia en materias de servizos e apoio a municipios  (81,9 puntos)
1. Lugo  100
14. Ourense 91,7
22 A Coruña 87,5
34. Pontevedra  70,8

Indicadores da lei de transparencia  (78,3 puntos)
15 Pontevedra 92,9%
21 Ourense  89,3%
26 Lugo 78,6%
34  A Coruña 64,3%

O máis transparente, Euskadi

En rolda de prensa, o presidente de Transparencia Internacional España, Jesús Lizcano, destacou a Euskadi como "o máis transparente" entre todos os ámbitos xeográficos ao sobresaír no índice de CCAA, Concellos, Deputacións e Transparencia na Xestión da auga. Ademais, dentro desta rexión, "o epicentro da transparencia está en Bilbao", que conta co concello máis transparente de España.

Lizcano valorou o "esforzo de apertura informativa" que fixeron a maior parte das institucións e que se ve reflectido no aumento da valoración media con respecto á última edición, a do ano 2013, cando a nota media alcanzada polas Deputacións foi de 69,6 sobre 100.

Neste sentido, destacou a creación dun portal específico de transparencia dentro das webs da case totalidade destas institucións e resaltou que, se na pasada edición 9 delas non chegaron ao aprobado, neste informe só 3 suspenderon. Con todo, advertiu de que segue habendo algunhas deputacións "que deixan bastante que desexar" e outras con máis "lagoas informativas" nalgunhas das áreas de transparencia analizadas.

Non mide o nivel de corrupción

O índice de Transparencia de las Diputaciones Provinciales (INDIP) é un índice que mide o nivel de transparencia e apertura informativa dos organismos provinciais do Estado. Os seus obxectivos son avaliar o nivel de transparencia das propias deputacións e impulsar e propiciar, dunha forma participativa, o aumento da información que estas institucións ofrecen aos cidadáns e á sociedade no seu conxunto.

En todo caso, o INDIP non mide o nivel de corrupción ou a conduta de “persoas que poidan pertencer administrativamente ou dirixan ou teñan podido dirixir políticamente” deputacións. “A avaliación dos índices de transparencia teñen un carácter, polo tanto, institucional, e a valoración informativa faise de cada unha das entidades públicas”, apunta o informe. Precisamente, o papel do INDIP é “propiciar un maior acercamento das deputacións á sociedade”.

Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo
Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo
Valentín González, presidente da Deputación da Coruña
Valentín González, presidente da Deputación da Coruña | Fonte: PSdeG-PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Ana

Deputacions, senado, monarquia, concordato... ¿e necesario isto no s.XXI?. O que si é necesario é unha xustiza independente, mais participacion da cidadania na democracia, unha educacion que forme cidadans criticos e que potencie a creatividade, uns medios de comunicacion con menos politicos e tertulianos e que den mais voz a cidadania, unha moeda propia e banca publica, menos idolatria e xerarquias relixiosas e mais coñecer sobre os Anunnaki, Prisciliano, espiritualidade..., menos unidade de España e UE e mais falar de Iberia e Iberoamerica, etc.

4 Coma o vento

Pois eu penso que o resultado é creíble. "Transparencia" non quere dicir "ausencia de corrupción". A Deputación de Ourense é moi transparente: todo o mundo sabe as trapalladas que se fan e cómo se fan.

3 Terpacencia Internacional

Transparencia Internacional ten a mesma credibilidade que o tio Gilito do parrulo Donald. Unha ollada a TI e sabemos quén está detrás e financia dita axencia, que sempre representa os intereses das grandes multinacionais capitalistas, e que no estado español leva a ultra liberal fundación Ortega y Gasset. Unha rápida ollada a nada sospeitosa de comunista Wikipedia, e ollamos que a orgaización ten coma metodoloxía a anti centifica "entrevistas a homes de negocios". ou que manipulou os seus propios informes para darlle a Ciumarranos a máxima puntuación de transparencia anticorrupción nas anteriores eleccións, a pesares da ocultación da financiación da campaña do napias polo Banco Popular. Con respecto e sen acritude, na miña opinión un medio coma GC perde credibilidade por moito que sexa por mor de dar información ao dar cancha e ser voceiro dos panfletos de esa orgaización tantas veces acusada de manipulación.

2 Wenceslao

Mentiras baltaristas. Só hai que lembrar que o pomposo comité de ética da Deputación de Ourense, dimitiu fai ben pouco. Todo o mundo sabe que alí para certos postos hai que pasar pola cama dos poderosos

1 Urxo

O que saiba algo do tema que entre nos websites das deputacións e saque conclusións propias... non me creo o estudo. Non o fan mal as deputacións, é certo, e as galegas non son das opacas, pero ¿a de Ourense a mellor?, ¿alguén do estudo probou a buscar algo relativo ás contas das 4 deputacións do 2014 e o comprobou o que pon cada unha?