O PPdeG secundará o sábado en Galicia a gran protesta mundial pola liberdade de Venezuela

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou que tanto PSOE como BNG "sigan negándose a recoñecer a Edmundo González como presidente de Venezuela" e "incapaces de dicir que o que hai nestes momentos en Venezuela, baixo o mando de Nicolás Maduro, é unha ditadura".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2024 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou este xoves que os populares galegos secundarán a "gran protesta mundial pola liberdade de Venezuela" convocada para o sábado con citas nas distintas localidades da comunidade. En rolda de prensa, Prado lamentou que tanto PSOE como BNG "sigan negándose a recoñecer a Edmundo González como presidente de Venezuela" e "incapaces de dicir que o que hai nestes momentos en Venezuela, baixo o mando de Nicolás Maduro, é unha ditadura".

Ao tempo, mostrouse moi crítica coas "declaracións vergoñosas" do expresidente José Luís Rodríguez Zapatero, a quen definiu como "embaixador de Maduro en España" e afeoulle que afirmase que "garda lealdade" a Venezuela na presentación dun libro que leva por título 'La democracia y sus derechos'. Nesta conxuntura, afirmou que dirixentes do PPdeG, con ela á cabeza, participarán este sábado, a partir das 20.00 horas, na "gran protesta mundial pola liberdade de Venezuela", que terá citas nas distintas localidades da comunidade.

Rolda de prensa de Paula Prado en Santiago
Rolda de prensa de Paula Prado en Santiago | Fonte: ÍÑIGO ROLÁN - PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta