Principio de acordo co PSOE para que En Marea teña grupo propio

En Marea poderá formar un grupo parlamentario propio galego de consolidarse o principio acordado onte entre Podemos e PSOE. Este xoves houbo unha reunión entre os socialistas e o partido morado en Madrid.

Por Manuel Vilas | Madrid | 08/01/2016 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Segundo indica Fernando H. Valls en La Información, os representantes do PSOE aceptarían a formación de catro grupos: Podemos, En Marea (Galicia), En Comú Podem (Cataluña) y Compromís-Podem (Comunidad Valenciana). Agora ben, a decisión final depende do Comité Federal dese partido, que se debe reunir antes do día 13, cando se constitúen formalmente as Cortes. Mercedes Zaragüeta en OKdiario cita fontes do PSOE para confirmar o preacordo, e asegura que o presidente da Cámara Baixa será socialista.

Reunión de Pablo Iglesias de Podemos con Xosé Manuel Beiras, de ANOVA
Reunión de Pablo Iglesias de Podemos con Xosé Manuel Beiras, de ANOVA

Se cadra porque só e un principio de acordo -que depende en parte tamén da complexa negociación para formar goberno-, nin as fontes oficiais de ANOVA -un dos partidos de En Marea- nin as de Podemos confirmaron, consultadas por GC, o pacto. Agora ben, tampouco o negaron. Os nacionalistas galegos, que din estar ao tanto das conversas, indicaron que non van facer valoracións até o día 13. Os seus deputados toman hoxe posesión das súas actas en Madrid.

Hai que ter en conta que o principio de pacto PSOE+Podemos debe sumar máis socios para saír adiante. Tanto PP como Ciudadanos xa se pronunciaron en contra. “Sería inxusto para os españois pagar do seu peto que alguén poidese ter máis turnos de palabra ou máis diñeiro que lle corresponde”, declarou onte Albert Rivera. 

Un dos posíbeis socios no acordo -que negocian a galega Carolina Bescansa de Podemos e o socialista Antonio Hernando- podería ser Democracia i Llibertat. A coalición política catalá na que participa CDC mostrouse aberta a un pacto co PSOE para constituír unha Mesa o máis plural posíbel. Interésalles, porque seguindo ao pé da letra o regulamento do Congreso, eles tampouco teñen dereito a grupo parlamentar, ao non sumar o 15% por Barcelona.

Sería esta Mesa do Congreso formada por múltiples partidos e presidida polo PSOE a encargada de interpretar o regulamento do Congreso para formar grupos parlamentarios. Se na súa composición o PSOE logra que PP e Ciudadanos non teñan maioría de bloqueo, os outros grupos poderían dar luz verde aos catro grupos relacionados con Podemos, pois o Tribunal Constitucional fallou en varias ocasións que é o propio poder Lexislativo quen ten que interpretar as súas normas. 

Carolina Bescansa, cofundadora de Podemos
Carolina Bescansa, cofundadora de Podemos | Fonte: cadenaser.com

O regulamento establece que “en ningún caso pueden constituir Grupo Parlamentario separado Diputados que pertenezcan a un mismo partido”. Na candidatura de En Marea hai deputados, como Antón Gómez Reino, que pertencen a Podemos.  As negociacións buscan como esquivar esta barreira, que PP e Ciudadanos poderían explotar nos tribunais.

Pola súa banda Podemos confirmou de novo o seu compromiso cos grupos parlamentares autonómicos. Fíxoo no comunicado oficial tras finalizar a rolda de reunións de Pablo Iglesias con En Comú Podem, Esquerra Unida i Alternativa, Esquerda Unida, Anova, Compromís, Equo e Iniciativa per Catalunya Verds.

Iglesias di que lles transmitiu a urxencia de aprobación xa a Ley 25 de Emergencia Social. A tramitación desta Lei e a propia configuración dos grupos parlamentares evidenciará se o PSOE e Podemos logran manterse unidos e sumar outros partidos para abrir a porta a un cambio de Goberno, que impida a convocatoria dunhas novas eleccións xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

15 galicecos

Os que votamos EnMarea fomos conscientes de que apoiamos a X.M.BEIRAS, loitador do noso País coma ninguén. Haberá nalgún tempo presente e futuro galego coma el?

14 Ana

De non existir En Marea perfectamente NÓS podia acadar 4 escanos. E serian escanos nacionalistas e non de Podemos ou IU. Agora se non se pode formar grupo propio supoño que teran que dividirse os deputados entre Podemos, IU e Anova e so falan de Galiza os deputados de Anova. Eu agardo que os deputados de En Marea non apoien a ninguen para formar goberno de non permitir que teñan grupo propio.

1 Antolín o dos cubatas

E se miña avoa tivese rodas sería unha bicicleta.

2 Antolini whit gin tonic

Antolín ti non tes rodas pero derrapaches hai moito tempo e o golpe na testa deixouche secuelas.

13 nostrus

En Marea tiene mas posibilidades de ir al grupo mixto que de tener grupo propio. Y todo por creerse mas listillos que los demas e intentar tomarnos el pelo. Imaginemos que el PP y el PSOE fuesen tan maliciosos como ellos y quisieran un grupo por cada autonomia.

1 galicecos

Diputados do mesmo partido non poden formar grupo. Sexamos serios.

12 operación bluff

É ansiedade de GC máis non hai nada de certo. E de non haber grupo propio o que vai haber é fraude á cidadanía e pleno ao 15 dos patriotas confesos de Podemos. A nova política é máis vella que o piñeirismo

11 O troiteiro

Actualizade a noticia porque unha cousa son os desexos e outra a realidade desta tarde. Po certo C,s e Pp xa dixeron de forma tallante que nin por asomo. E que conste que desexo que haxa grupo galego pero vai ser dificil.