Acusan a Cobre San Rafael de ameazar aos veciños de Touro e O Pino con expropiacións se non venden os seus terreos

O Sindicato Labrego Galego denunciou "reiterados episodios de acoso e intimidación" por persoas da contorna da empresa Cobre San Rafael, impulsora do proxecto da mina de Touro, aos veciños de Touro-O Pino durante as últimas semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego denunciou "reiterados episodios de acoso e intimidación" por persoas da contorna da empresa Cobre San Rafael, impulsora do proxecto da mina de Touro, aos veciños de Touro-O Pino durante as últimas semanas. Pola súa banda, a compañía negou "rotundamente" estas prácticas e asegurou que estas acusacións "se están facendo desde o descoñecemento ou a mala intención".

"Envalentonados pola declaración da mina como Proxecto Industrial Estratéxico (PE), individuos vinculados á empresa están a levar a cabo visitas intimidatorias nos domicilios das persoas propietarias dos terreos", esgrimiu o sindicato nun comunicado. Así mesmo, fixo fincapé en que os "enviados da empresa" recorren á "coacción" nestes "encontros forzados" para que os veciños vendan os seus terreos e "ameázanos" coa expropiación.

Nesta liña, o sindicato incidiu en que esta situación esta creando angustia, á vez que incrementa a tensión "xa existente" na comarca con esta mina "claramente rexeita pola cidadanía". Con todo, Cobre San Rafael sinalou que durante os últimos sete anos estivo colaborando cos veciños de Touro-O Pino para "brindar novas oportunidades de crecemento á comunidade". En concreto, "máis dun cento de reunións informativas cos veciños e estes, libremente, deciden se aceptan ou non estas reunións".

Vertedura da mina de Touro
Vertedura da mina de Touro | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta