Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2024 | Actualizada ás 17:15
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda a doar sangue, especialmente dos grupos A negativo e B negativo, ao atoparse en nivel baixo. Ademais, os grupos A positivo, 0 positivo, 0 negativo e AB negativo están en nivel normal e os grupos B positivo e AB positivo en nivel bo.
ADOS advertiu de que nos hospitais hai moitas persoas que precisan dunha transfusión por motivos variados. Así, para poder atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias. Neste contexto, fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún do sete puntos permanentes situados nas cidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.