Presentado o novo digalego.com con máis de 65.000 entradas

O conselleiro de Cultura destaca o paso para o idioma que significa o poder acceder gratuitamente e desde calquera lugar a este dicionario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/01/2016 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Galicia xa ten un dicionario galego máis actualizado. Trátase do Digalego.com, enciclopedia online que conta con máis de 65.000 entradas e foi editado pola Editoria “Ir Indo”, que coordina Bieito Ledo.

Digalego, dicionario galego online
Digalego, dicionario galego online

Esta publicación engade datos adicionais ao seu  número de entradas, como a etimoloxía dos termos, a tradución a sete idiomas destes, un glosario de sinónimos e antónimos e a conxugación de todos os verbos incluídos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, foi o encargado de presentar, xunto á directora de Amtega, Mar Pereira, e o propio editor, Bieito Ledo, este dicionario que xurdiu en 2003, como un derivado da Enciclopedia Galega Universal, e cuxa versión web foi recibindo progresivas melloras e achegas.

Román Rodríguez coincidiu co editor en sinalar a importancia desta ferramenta nun "momento de pleno cambio", no que as tecnoloxías de transmisión da información e do coñecemento están en constante renovación.

Ademais, precisou que Digalego.com servirá para "facilitar que o galego se utilice" e para profundar, así mesmo, na súa "internacionalización", grazas ás múltiples traducións que ofrece. Así, destacou tamén a "democratización" e o "modesto", aínda que "non menor", paso para o idioma que significa o poder acceder gratuitamente e desde calquera lugar a este dicionario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 BEIRAS el órdago

Non hai dúbida algunha que Bieito Ledo é un fenómeno. Bueno, como bon fillo da Igrexa practica o lema "que traes hermano?". El sempre soubo manexarse polos recunchos do PODER. Fíxoo con Fdez. Albor, con Fraga, con Touriño, con Feijoo... e seguirá facéndoo cos que veñan. Os libros que leva editado son pagados, practicamente, pola Xunta. Ten unha editorial "compartida" cos poderes públicos.- Bieito Ledo é o clásico paisano ourensán que dende a Galicia máis profunda deu o salto á cidade e se fixo con ela meténdoa no peto. Se chega a ter hoxe 50 ou 60 anos, non hai quen o para,..

1 Consenso

O Estraviz leva anos online com mais de 130 mil entradas e sem ajudas públicas: http://estraviz.org/