A Unidade de Tabaquismo da USC ofrece cinco programas para deixar de fumar

Cada día morren en Galicia dez persoas por causa do tabaco. A Universidade de Santiago pon en marcha cada ano varios tipos de tratamentos contra esta adicción.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/01/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Fumar segue sendo a principal causa de mortalidade evitable, xa que o tabaquismo está asociado á morte prematura de máis de 50.000 persoas cada ano en España, dez ao día en Galicia. Fronte estes datos, o director da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Elisardo Becoña, sinala que abandonar este hábito é a mellor medida que calquera persoa pode tomar ao longo da súa vida para mellorar a súa saúde e a das persoas que a rodean. Apunta tamén que “o inicio do ano sempre é un bo momento para deixar de fumar”. 

Fumar é a principal causa de mortalidade evitable.
Fumar é a principal causa de mortalidade evitable.

Un ano máis, esta Unidade de Tabaquismo ofrece varios tipos de tratamentos para persoas que demandan axuda deste servizo da Facultade de Psicoloxía, realizados individualmente e en grupo. Na actualidade, existe a posibilidade de participar nun programa xenérico aberto a calquera persoa, outros tres específicos, para mulleres ás que lles preocupa aumentar peso ou experimentar problemas co estado de ánimo, para persoas con graves problemas de saúde causados polo consumo de tabaco e que precisan unha intervención intensiva, e para quen decida seguir este programa dende a súa casa, por correo. A estes súmanse programas para o control e tratamentos de distintas adicións (cannabis, abuso de novas tecnoloxías,...). 

Elisardo Becoña lembra que a Unidade acumula unha importante experiencia neste tipo de programas, cuxos beneficios fanse evidentes con rapidez, xa que “as persoas que deixan de fumar melloran moito na súa calidade de vida, aforran moitos cartos e atópanse moito mellor de saúde”.

As persoas interesadas nos tratamentos da Unidade de Tabaquismo da USC poden contactar nos teléfonos 881 813939 ou 881 813861, así como por correo electrónico (elisardo.becona@usc.es; ana.lopez@usc.es).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta