Excarceran a unha das ocupantes dun coche que saíu da estrada en Calvos de Randín

Un traballador resultou ferido tras caer desde unha altura de tres metros en Ames.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2024 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Unha das ocupantes dun coche que se saíu este luns da estrada no municipio ourensán de Calvos de Randín tivo que se excarcerada. Segundo informou o 112, a saída de vía tivo lugar no quilómetro 2 da OU-303 (Randín) e as dúas persoas que viaxaban no vehículo necesitaron asistencia sanitaria.

Eran as 15 horas cando os servizos sanitarios contactaron co 112 e explicaron o sucedido: a persoa que conducía conseguiu saír ao exterior, pero o seu acompañante continuaba no asento do copiloto. Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Xinzo, o GES de Muíños e a Garda Civil de Tráfico.

Foron os efectivos do GES os que liberaron á persoa, que foi evacuada ao centro hospitalario de referencia xunto coa outra ferida. Asimsimo, os Bombeiros de Xinzo axudaron a trasladar ás implicadas ata a ambulancia.

TRABALLADOR FERIDO EN AMES

Por outra banda, o 112 tamén informou de que un traballador resultou ferido este luns tras caer desde unha altura de tres metros en Ames. O operario traballa para unha empresa de electricidade e foi trasladado en ambulancia ao hospital.

Faltaban dez minutos para as 15 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso deste accidente, rexistrado na rúa Oliveiras, en Biduído. O ferido estaba consciente, pero queixábase dunha importante dor tras caer dun tres metros de altura mentres traballaba.

Desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local de Ames.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta