Beiras di que o BNG "non é útil para o cambio político" por mor da UPG

Acusa ao partido que domina o BNG de ter boicoteado as conversas para unha candidatura común nas Xerais. Avisa de que non van a re-discutirse "cales son as pautas das mareas" e insiste que “en absoluto se aparca” o dereito a decidir.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2016 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista e líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, botou máis leña ao lume que xa existe dentro do BNG sobre a posibilidade ou non de concorrer conxuntamente coas mareas e outras formacións ás vindeiras autonómicas. Así, acusou á UPG, o grupo maioritario desta organización, de ter boicoteado as xuntanzas que tiveron lugar nos meses previos para conformar unha candidatura de unidade nas pasadas xerais.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova

Xa fixemos entón un encontro e a UPG foi a boicotear, de maneira que se rebentou a posible unidade, por tanto, se seguen así, nin sequera se lles pode chamar organización política. Eu non se se confraría, pero en fin", dixo nunha entrevista na Radio Galega.

Por iso, considerou que neste momento, o BNG "non é útil para o cambio político", sobre todo, porque a UPG non está a favor desta confluencia, a diferencia do que ten manifestado o seu voceiro nacional, Xavier Vence, ou outros dirixentes da corrente Abrente, minoritaria na fronte.

Beiras tamén dixo que as portas estarán abertas a outras formacións que queiran  formar parte dunha gran coalición de cara ás autonómicas pero avisou que deberán facelo sen condicións xa que non van a re-discutirse cales son "as pautas das mareas".

"O espazo que hai é En Marea. O resto, non existe", dixo en alusión aos grupos que conformaron esta coalición –Anova, Podemos e Esquerda Unida-- e avanzou que nos próximos días formalizarase o grupo de traballo que vai empezar a articular unha alternativa política e programática coa vista posta nos comicios galegos que se celebrarán este mesmo ano.

Acerca da non consecución dun grupo propio para En Marea no Congreso dos Deputados,  dixo que para eles neste escenario era fundamental "manter a unidade" e "se nos mandaban ao grupo mixto ía ser moi difícil evitar que se desmembrase o conxunto de En Marea e nós non podiamos dar ese recital desagradable aos cidadáns" que apostaron por esta opción como unha candidatura propia.

"E En Marea ten voz propia, pero evidentemente funcionaremos tendo en conta a coordinación de todo o conxunto", afirmou en relación ás negociacións para conformar un Goberno e, por último, sobre as liñas vermellas, rexeitou Xosé Manuel Beiras que se aparque a cuestión do dereito a decidir. "En absoluto", resolveu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

3 EU non me mareoFF3F

Que patético. É como ver a un can ladrándolle á lúa...

1 Comunista

A lúa é a UPG, non? Xa. Entendo...

2 Goldenyears

Unha irman Garcia Negro puxo a parir en Sermos decindo que a UPG o tratou como un xefe de estado e que e un resentido porque nunca foi chamado para militar no partido (contraditorio isto). O que non dixo e que durante moitos anos decianlle aos militantes que Beiras estaba tolo, que era un vago, que era un traidor, que o usaban para ensinalo nas ocasions como cruz procesional etc.

1 Gustavo

Pois é certo, eu teño oido a militantes da Upg algo indiscretos poñendo a parir a Beiras cando era o líder dun BNG trunfante, e pódese calcular que eran consignas e opinións dos "d'arriba" que algúns repetían como loros. Noxento, e a cousa non ven de agora..

2 per

Os de Anova fan o mesmo con Paco Rodriguez e con Nogueira os poñen a parir,,, enfin de pena polos dous lados,,,, est "La divine Gauche",,,,, penosisimo

1 Comunista

Bloqueiros a ladrar en 3, 2, 1,...