Beiras di que o BNG "non é útil para o cambio político" por mor da UPG

Acusa ao partido que domina o BNG de ter boicoteado as conversas para unha candidatura común nas Xerais. Avisa de que non van a re-discutirse "cales son as pautas das mareas" e insiste que “en absoluto se aparca” o dereito a decidir.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2016 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista e líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, botou máis leña ao lume que xa existe dentro do BNG sobre a posibilidade ou non de concorrer conxuntamente coas mareas e outras formacións ás vindeiras autonómicas. Así, acusou á UPG, o grupo maioritario desta organización, de ter boicoteado as xuntanzas que tiveron lugar nos meses previos para conformar unha candidatura de unidade nas pasadas xerais.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova

Xa fixemos entón un encontro e a UPG foi a boicotear, de maneira que se rebentou a posible unidade, por tanto, se seguen así, nin sequera se lles pode chamar organización política. Eu non se se confraría, pero en fin", dixo nunha entrevista na Radio Galega.

Por iso, considerou que neste momento, o BNG "non é útil para o cambio político", sobre todo, porque a UPG non está a favor desta confluencia, a diferencia do que ten manifestado o seu voceiro nacional, Xavier Vence, ou outros dirixentes da corrente Abrente, minoritaria na fronte.

Beiras tamén dixo que as portas estarán abertas a outras formacións que queiran  formar parte dunha gran coalición de cara ás autonómicas pero avisou que deberán facelo sen condicións xa que non van a re-discutirse cales son "as pautas das mareas".

"O espazo que hai é En Marea. O resto, non existe", dixo en alusión aos grupos que conformaron esta coalición –Anova, Podemos e Esquerda Unida-- e avanzou que nos próximos días formalizarase o grupo de traballo que vai empezar a articular unha alternativa política e programática coa vista posta nos comicios galegos que se celebrarán este mesmo ano.

Acerca da non consecución dun grupo propio para En Marea no Congreso dos Deputados,  dixo que para eles neste escenario era fundamental "manter a unidade" e "se nos mandaban ao grupo mixto ía ser moi difícil evitar que se desmembrase o conxunto de En Marea e nós non podiamos dar ese recital desagradable aos cidadáns" que apostaron por esta opción como unha candidatura propia.

"E En Marea ten voz propia, pero evidentemente funcionaremos tendo en conta a coordinación de todo o conxunto", afirmou en relación ás negociacións para conformar un Goberno e, por último, sobre as liñas vermellas, rexeitou Xosé Manuel Beiras que se aparque a cuestión do dereito a decidir. "En absoluto", resolveu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

8 estadogalego

Beiras nunca quixo pactar co BNG, o que quere e liquidalo. Non foi leal no seu momento con Anxo Quintana , supostamente por pactar co PSOE un goberno moderado de centro-esquerda e agora o que fai Beiras e apostar por apoiar un goberno con Pedro Sanchez de presidente. Non parece moi ropturista o señor Sanchez. Dicir que cumplirá a disciplina de voto de Podemos convirte a En Marea nunha sucursal como o PSdeG ou o PPdG. Dicir que non quere negociacións entre iguais senón a rendición do BNG non é ningunha novidade e o mesmo que veu facendo Beiras ate agora. Claro que é mellor o goberno PSOEPodemos que un do PP, pero mellor inda é que Galicia tibera , como teñen os Catalàns, partidos como ERC negociando con ese Goberno. Compromis tibo máis dignidade que Anovs

7 2 X 1

Lembro cando Beiras era Beiras, ao referirse o PP chamaballe o partido do vello e a put-a por Fraga e Karina Falagan. pois...

6 Efective Wonder

sabedes se ao vello lle pasan o psicotécnico?

5 O vello e o mal

Un pouco de respecto... Ainda que hoxe sexa este homiño esté irreconoible e sexa unha caricatura e nin sombra do que foi, polo paso do tempo e abuso de sustancias, en tempos foi todo un referente. Ou iso din.

1 dameveneno

Casi era mellor que non puxeras nada.

2 dameveneno

Casi era mellor que non puxeras nada.

3 dameveneno

Casi era mellor que non puxeras nada.

4 Doutor Moreno

Referente segue a sé-lo (e xa ocupa un lugar pre-eminente na Historia da Galiza) e Lucidez Política (independnetemente de concordar, ou non, con él) maior que nunca e superior á toda a panda de paniaguados das Mareas, BNG e CxG (xuntos: incluida a Yolanda Bicosxudaicos).......que pena que o pais non esté á súa altura- para él liderar unha candidatura galega ao cen por cento - e que as chamadas forzas políticas proprias teñan representantes pleistocénicos (Bautistamadridista, Rodriguezreganosa ou as Garciapreto sisters.....)....

4 nostrus

Lo del derecho a decidir es una tonteria de grueso calibre porque España es como una finca que pertenece a sus dueños que somos todos los españoles y, por lo tanto, las decisiones son de todos y no solo de una parte. Las decisiones de la mayoria valen mas que las decisiones de una minoria mayoritaria en un rincon. Quisiera tambien que me dijera si las decisiones de una parroquia de Galicia pesan mas que las decisiones de todos los gallegos. En fin, trileros politicos a precio de saldo que salen caros.

1 Antinostrus

Este Mononeuronal nunca debeu facer unha Partixa (que saberá él da terra vivendo no esterco...!!) e fala das fincas cual señorito de cortijo andalú....segue a ca gar polas orellas...ergo, que terá, xa que logo, dentro da calota craneal???

2 nostrus

Antinostrus, que saibas que unha partixa faise por acordo de todos os propietarios e non un listiño coma ti apropiandose da parte que lle da a gaña, gili-pollas