Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/10/2024 | Actualizada ás 20:56
Esta semana notificáronse dous autos de apertura de expediente sancionador contra dous letrados da quenda de oficio de Ourense pola súa participación na folga. Segundo informaron desde o colectivo, están ditados polos xulgados de Instrución 1 e Penal 1 desta cidade.
Esta situación prodúcese, denuncian, "a pesar de que os expedientes previos abertos a compañeiros de Valladolid e Zamora, foron arquivados polos respectivos órganos xudiciais".
Os letrados de oficio "están a organizar mobilizacións de face ao aniversario da folga e a aprobación dos orzamentos da Xunta" que, critican, "ignoran as reivindicacións do colectivo". Ademais, denuncian, vaise a cumprir un ano desde o inicio das mobilizacións "sen que o conselleiro Diego Calvo recibise aos profesionais afectados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.