Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2024 | Actualizada ás 13:48
Plataformas de ámbito estatal reuniranse no municipio coruñés de Touro desde o venres día 1 de novembro ata o domingo 3 no 'III Encontro Ibérico contra os Impactos Sociais e Ambientais da Minaría'.
O evento está organizado por Ecoloxistas en Acción, coa colaboración do Observatorio Ibérico da Minaría, Amigos da Terra e a plataforma veciñal Mina O Pino-Touro Non. Neste espazo de "reflexión, aprendizaxe e convivencia", segundo informa Ecoloxistas en Acción, participarán "máis de medio centenar de representantes de numerosas plataformas de toda a península ibérica que loitan nos seus territorios contra os graves impactos do extractivismo mineiro".
Durante tres días, engade, os colectivos farán "unha posta en común dunha situación apremiante e elaborarán estratexias de coordinación e apoio mutuo". Tamén celebrarán distintos talleres de formación, charlas e debates sobre estratexias de defensa do medio ambiente e alternativas á minaría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.