Ciudadanos renova a súa dirección en Galicia

O ex concelleiro do PP en Santiago, Javier Sánchez Agostino, foi elixido como novo portavoz en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2016 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Ciudadanos quere consolidarse en Galicia e o fai incorporando aos seus postos de dirección a persoas que xa tiveron cargos de responsabilidade política, especialmente, os relacionados co PP. Por iso, nesta nova estratexia da formación de Albert Rivera, Javier Sánchez Agostino é unha peza fundamental.  O ex concelleiro do PP en Santiago acaba de ser elixido novo portavoz da formación en Galicia polo comité executivo nacional.

Javier Sánchez-Agostino, novo portavoz de Ciudadanos en Galicia
Javier Sánchez-Agostino, novo portavoz de Ciudadanos en Galicia | Fonte: santiagomartinezsuarez.blogspot.com

 

Con este nomeamento, Ciudadanos pretende mellorar e reforzar a eficacia das diferentes responsabilidades orgánicas. "Estou moi ilusionado con poder asumir a enorme responsabilidade de ser o altofalante de Ciudadanos en Galicia, confiando en non defraudar nin á formación que represento nin aos cidadáns, aos que tratarei de dirixirme coa máxima claridade e nitidez", indicou.

 

O nomeamento de Agostino non será o único. Nos vindeiros días, Ciudadanos agarda completar o proceso organizativo da formación en Galicia coa incorporación de novas facianas que tiveron experiencia política no pasado, sobre todo para o comité territorial autonómico.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mastro

Ciudadanos e Alberto Rivera, (alberto, non albert, os españois que digan o que son e Rivera, parece que cada día fan máis a ese apelido) xa non enganan, fichan a tuti plen. Cada trimestre cambian a cúpula. Alomenos con este esperemos que non digan aquelo de, para Galicia non temos propostas, só as temos para España.

1 eusi

Xa ficamos mais tranquilos, sobre todo as orquestras teñen o seu futuro asegurado con estes pantrocos