Temas: CSIC IIM

O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo estrea páxina web

O centro do CSIC conta xa cun novo espazo propio en Internet para dar a coñecer mellor á sociedade o seu traballo científico.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/01/2016 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Era unha débeda pendente que xa foi resolta. O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM), centro de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), xa ten nova páxina web. O novo sitio foi desenvolvido polo departamento de informática del IIM-CSIC, en concreto, por Alberto Espinosa Ortega e Juan Luis Pérez Mariño, e busca dar a coñecer mellor á sociedade o traballo desta institución científica.

Páxina web do Instituto de Investigaciones Marinas.
Páxina web do Instituto de Investigaciones Marinas.

O sitio web está dispoñible na dirección http://www.iim.csic.es/, en español e inglés, e está dividido en tres grandes bloques de contidos. Un, o menú principal, no que se accede a información sobre o IIM, os grupos e traballos de investigación, a súa labor de divulgación, os seus servizos, convocatorias, ademais de información de utilidade como contacto e dirección, ou acceso para os seus usuarios á Intranet e o servizo de correo electrónico do IIM e do CSIC.

Logo, disponse un gran bloque central cun slider no que dispoñen os contidos máis relevantes da páxina web con novas do Instituto de Investigacións Mariñas .

E, por último baixo este bloque, ofrécense catro accesos á última hora do IIM, novas de interese, servizos e páxinas web asociadas a esta institución.

O IIM é un dos cinco centros que ten o CSIC en Galicia con liñas de investigación vinculadas a sectores estratéxicos para o noso país. Os outros catro centros son a Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra), o Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (Santiago de Compostela), o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (Santiago de Compostela) e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Santiago de Compostela).

Temas: CSIC IIM
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta