A oposición volve pedir a dimisión de Baltar

PSOE e Democracia Ourensá presentarán conxuntamente unha moción de urxencia para reclamar a súa marcha. O fiscal recorre a investigación aberta contra o presidente provincial.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/01/2016 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Outro pleno bronco na Deputación de Ourense. Os tres grupos da oposición da corporación provincial de Ourense, PSOE, Democracia Ourensá e BNG aproveitaron o pleno provincial para reclamar  a dimisión inmediata do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, tras a súa citación, e a da súa acusadora, en calidade de investigados por un presunto delito de suborno.

José Manuel Baltar
José Manuel Baltar | Fonte: DF

Os tres grupos opositores pediron á dirección nacional ou galega que "tomen cartas no asunto" ante uns feitos que cualificaron de "graves". De feito, tanto o PSOE, como Democracia Ourensá informaron de que presentarán nas mocións de urxencia unha moción conxunta para demandar "a súa renuncia ao cargo co obxecto de manter a dignidade da institución".

“Agora non vale a escusa que pon o propio Baltar de que era un tema persoal xa que con esta nova situación xudicial non ten sentido", dixo o portavoz do PSOE, Ignacio Gómez. "Non pode ser que esteamos todos os días falando dos problemas do presidente e non do que temos que falar", engadiu.

“O máis coherente, digno e honesto que pode facer é que dimita do seu cargo", engadiu o deputado provincial de DO Armando Ojea que defendeu esta iniciativa conxunta  co PSOE xa que o “máis coherente”, dixo, é levala "baixo o formato dunha moción de urxencia en coherencia co Código Ético que el mesmo promoveu nesta institución".

Tamén o portavoz nacionalista, Ramiro Rodríguez, que levará ao pleno unha pregunta oral, manifestou que "a única saída" é a dimisión de Baltar despois do novo capítulo vivido no día de onte.

Por outra banda, o ministerio Fiscal vai recorrer o auto no que a titular do xulgado de instrución número tres de Ourense decidiu investigar por suborno a Manuel Baltar, e á muller que o denunciou por, presuntamente, ofrecerlle traballo a cambio de sexo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tarsán

...pero que ilusos sodes, non sabedes que don José-Manuel Castelao Bragaño, Presidente de los españoles en el Exterior, dixo en outubro de 2012 que, "Las leyes son como las m......, están para violarlas".- Que esperades do Código Ético da Deputación de Ourense??? ... para que creesdes que está?????, ....."para violalo".....