Os poemas de Ramón Caride Ogando, a ritmo de indie-rock

Acaba de lanzarse "Xeografías do deserto", parte dun proxecto músico-audiovisual iniciado no ano 2013 polos músicos Ramón Núñez e Sito Suárez tomando como base os poemas de Ramón Caride. Escoita Manhattan (a codia dos días) no interior.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 06/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

No proxecto teñen participación destacada tamén, entre outros, o productor musical Iago Lorenzo e os fotógrafos Sara Caride e Juan Rey.

Os músicos de Xeografía do Deserto
Os músicos de Xeografía do Deserto | Fonte: Sara Caride

O libro-CD, en formato digipack, que vén de aparecer no mercado é o primeiro froito desta

colaboración creativa que terá continuación o vindeiro ano coa segunda entrega, "As Flores Salgadas", actualmente en fase de pre-producción.

 

Tamén contará con varios actos de presentación, inicialmente en pequenos locais, dos que están confirmadas dúas datas por agora, o 29 de abril en Betanzos, e o 6 de maio en Cambados, en Exposalnés.

 

Os autores explican que as composicións do disco non son necesariamente adaptacións dos poemas, senón creacións ex novo que toman os textos só como punto de partida para desenvolvelos libremente. "Non se trata de musicacións de poemas, ou non só se trata diso. Son músicas abertas que recrean a atmosfera dos textos con outras ferramentas, contando coa completa colaboración do autor", argumentan.

 

Neste sentido, este libro-CD resulta moi distinto da inmensa maioría dos proxectos musicais adicados a poetas galegos. Velaquí unha mostra, a excelente adaptación de Manhattan (a codia dos días).

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta