Temas: CAMELLE MUSEOS

Onde están as cinzas de Man, o aleman de Camelle?

O seu sobriño pídelle ao rexedor de Camariñas “dignidade e respecto” para que os seus restos descansen no museo que construíu durante tantos anos.

Por Galicia Confidencial | Camelle | 09/02/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Man, o artista de Camelle, o home que durante décadas creou un museo natural ao carón do peirao desta vila mariñeira e viviu, practicamente, como un anacoreta, aínda non descansa en paz. A pesar de que xa pasaron máis de trece anos da súa morte, as súas cinzas seguen sen estar onde el quería que estiveran, no seu museo.

Homenaxe a Manfred Gnädinger, coñecido como Man, o alemán de Camelle
Homenaxe a Manfred Gnädinger, coñecido como Man, o alemán de Camelle | Fonte: Miguel Núñez

Así o acaba de desvelar Clemens Gnadinger, o seu sobriño que nunha carta dirixida ao alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, pídelle dignidade e respecto” coas cinzas do seu tío. Ademais, amosa o seu pesar polo estado da súa casa-museo e lamenta que caia ano tras ano sen que se poña en marcha o tan anunciado plan de rehabilitación.

“Fai máis de tres anos o meu tío Manfred Gnädinger foi incinerado para así poder ofrecerlle o seu lugar de descanso. Un dos poucos desexos que quedou reflectido no seu testamento era precisamente o de que as súas cinzas fosen depositadas no seu pequeno museo. Penso que isto debería ser respectado ante todo”, indica na misiva.

Por iso dóese o familiar que na celebración do 28 de decembro do 2012, acto no que o alcalde tamén estaba presente, "e sempre ao meu lado, depositouse a urna simbólicamente diante da porta do seu museo e en especial, para a prensa!”.

O sobriño de Man creu que a súa visita de entón era para dar enterramento ás cinzas e ao non entender español nin ser informado polos organizadores, atopábase confundido, e tardou en entender o proceso. Ata creu durante o acto que o alcalde era o encargado da funeraria e por iso lle preguntou a unha amiga que sabía alemán “por que a xente saúda tanto ao señor da funeraria?”.

Retrato de Manfred Gnädinger en Camelle
Retrato de Manfred Gnädinger en Camelle | Fonte: Blorgina

“Eu albergaba a esperanza de que Man fose enterrado poucos días logo deste acontecemento no seu museo, tal e como el expresouno no seu testamento. Lamentablemente non sucedeu así. Todo en balde. Primeiro díxose que non era posible, xa que o frío impedía traballar. Despois que si había que reparar a porta antes de colocar a urna. Máis tarde que si non había permiso, que si había que traer un guindastre para poder facer o buraco. Tan só pretextos e desculpas. Nada serio” laméntase o sobriño de artista.

“Co tema da urna, máis do mesmo: primeiro que se atopaba na Casa de Cultura de Camelle, tamén que supostamente estaba en casa dunha veciña de Camelle. Mercés Martín González aseguroume nunha reunión da fundación a principios do 2014 que as cinzas estaban sendo custodiadas no propio Concello de Camariñas. Nunca cheguei a velas. Realmente todo un misterio!” indica Clemens.

“Todo isto resulta para min absolutamente incrible” apuntao parente que considera “obvio” que tanto ao alcalde como ao pobo “tráelles sen coidado o destino de Man. O mesmo dá que as cinzas sexan depositadas ou non”. Así, pregúntase “se desde un principio estaba claro que non había interese ningún en depositar as súas cinzas no museo, por que se  incinerou o seu corpo? Por que Man logo de máis de tres anos aínda non está enterrado no seu museo? Cando chegará por fin ese día?”.

Finalmente, con certa rabia, critica tamén lembra que as autoridades locais e a sociedade á que man deixou a súa obra e tamén 125.000 euros, “que levou o Estado español”. “Simplemente pido dignidade e respecto para Man”, conclúe.

Do medio colaborador Que Pasa na Costa

Temas: CAMELLE MUSEOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Ramón

Si, hay gente que quiere que su familia los guarde en unos colgantes para guardar cenizasen unos colgantes para guardar cenizas. Es respetable. Espero que pronto se solucione. Un saludo.

2 Manuel Romero

La verdad que es muy de mal gusto jugar con el pensamiento de la gente que tenía antes de morir, si el hombre quería guardar sus cenizas en su museo, ¿Por qué no se hizo? Hay gente que antes de morir quiere estar siempre en el corazón de las personas y por eso ahora existen unos colgantes para cenizas donde puedes llevar las cenizas de cualquier difunto siempre contigo para una mayor protección. Saludos y espero que se solucione pronto lo de este hombre y descanse ya en paz que se lo merece.

1 Gaitas do Nalón

Foi caer a mal sitio. España, Galiza e dentro de Galiza no cu da sociedade. Normal que non entenda nada. A miseria cultural e falta de dignidade é un símbolo noso aínda que nos pese.