Temas: BNG UPG

Abrente pide a refundación do BNG e a confluencia con En Marea

O grupo de Aymerich presenta unha Enmenda de Totalidade do Relatorio aprobado polo Consello Nacional do Bloque na que pide que se supriman os partidos que o integran e que se designe unha xestora provisional para refundar a organización e acadar unha alianza electoral.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 08/02/2016 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

O BNG atravesa unha "situación de emerxencia". Unha situación que merece un cambio radical da formación frontista. Este é o punto de partida dunha Enmenda á Totalidade do Relatorio que o Consello Nacional do BNG aprobou para a súa discusión na Asemblea Nacional que se celebrará a finais deste mes. Unha enmenda contundente impulsada polo colectivo Abrente que pide abertamente unha refundación da organización e unha confluencia electoral con En Marea.

Aymerich valora os resultados das pasadas eleccións galegas
Aymerich valora os resultados das pasadas eleccións galegas

Neste documento, ao que tivo acceso GC, Abrente lembra que se o BNG repite os resultados das pasadas xerais ( o 4,3% dos votos), quedará sen representación na Cámara galega. Uns resultados polos que, lembra, a actual dirección nin dimitiu, nin fixo autocrítica. "Mais isto non é o máis grave: O realmente preocupante é que a dirección do BNG semella incapaz de oferecer unha análise política minimamente seria ou, cando menos, de dar algunha explicación que non sexa botar a culpa aos votantes, a outras forzas políticas ou a un sistema mediático pouco afín ao nacionalismo", apunta.

Por iso, Abrente propón que esta AN se celebre como extraordinaria, de forma que non se escolla portavoz nacional e que, en vez de Executiva e de Consello Nacional, se designe unha xestora provisoria que teña como obxectivo acadar dúas encomendas. A primeira, no plano electoral, "iniciando de imediato" as xestións conducentes á confluencia electoral con En Marea e a constitución dunha candidatura unitaria de esquerdas e nacionalista para as próximas eleccións galegas.

A segunda, no plano político-estratéxico, dando os primeiros pasos para a refundación do nacionalismo de esquerda en Galicia e, polo tanto, non recoñecer aos colectivos e partidos no seo do BNG e superar a estrutura frentista "que asume como natural a existencia de partidos-guía ou de vangardas organizadas", en alusión á UPG, o gran partido que hoxe domina o Bloque.

O grupo que lidera Aymerich considera "urxente" esa confluencia electoral para "expulsar do goberno ao PP". "Sabemos que hai contradicións entre os diferentes proxectos presentes no seo de En Marea. A principal: a que existe entre un proxecto centrado no país, representado por Anova e a maioría das “mareas” municipais, e outro deseñado en clave española", apunta.

Público nun acto de Abrente
Público nun acto de Abrente

Sen embargo, tamén lembra que distintos grupos --incluídos algúns que están en En Marea-- foron quen de conviver no seo do BNG durante 34 anos. "E non seremos quen de acordarmos un programa de mínimos para as próximas eleccións galegas? Se actualmente gobernamos co PSOE tres das catro Deputacións provinciais sen conflitos aparentes, acaso non seremos quen de partillar o goberno galego con forzas coas que, a priori, as diferenzas son ben menores?", pregúntase.

Neste sentido, advirte que, para evitar que a confluencia volva fracasar, "cumpre oferecer e esixir probas de boa-fe". "Cumpre, en concreto, abrir unha nova xeira de cooperación entre o BNG e o espazo das Mareas nas institucións onde un e outras partillamos representación: nos gobernos municipais, nos gobernos provinciais e no Parlamento galego", sinala. "Só deste modo, demonstrando na práctica diaria que o traballo conxunto é posíbel, poderase construír unha confluencia real através dunha candidatura conxunta", engade.

Para conseguir estes obxectivos, Abrente considera "imprescindíbel" a refundación do nacionalismo de esquerda e poñer fin ao modelo frentista actual do Bloque. "Do mesmo xeito que os mozos e mozas que nos anos sesenta do século pasado refundaron o nacionalismo galego non optaron por reviver o Partido Galeguista da II República (sen por iso renegaren da súa herdanza), hoxe debemos recoñecer que o ciclo político do BNG rematou e, con el, o das organizacións (Abrente, UPG, MGS) que del fan parte", insiste.

Por iso, propón que a xestora que saia desa Asemblea Nacional do BNG inicie "de imediato" contactos con todas as organizacións (políticas, sociais, sindicais) e persoas individuais que se reclamen nacionalistas "con vistas a construír unha nova organización política unitaria e democrática para o nacionalismo de esquerda".

Temas: BNG UPG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

5 Patidifuso

Hai outras que só piden refundar os seus cargos de liberadas de toda a vida. Eis o caso das concelleiras do BNG de Pontevedra (as dúas casualmente da UPG) que teñen a desfachenda de solicitar que no novo BNG se poda estar toda a vida en cargo público. Xusto o que fan elas no concello de Pontvedra desde o século pasado. Ver a súa mesquiña proposta en: http://diariodepontevedra.galiciae....

1 la pastillita

Pues no las votes loquito

2 Jasú...

volveu o da pastillita. Xa lle volven a pagar ou xa lle deron de alta o médico do seguro.

4 curiosa

O que resulta máis ca curioso é que o BNG se queixe do tratamento mediático cando, nestas últimas eleccións, a prensa galega esforzouse como nunca en apoialos. La Voz de Santi Rey, por exemplo, publicou publirreportaxe após publirreportaxe. Todo isto, por suposto, non é de balde. Que polo prezo no Concello de Pontevedra ou nas deputacións.

3 comunista independentista

Amio II = BnG R.I.P.

2 Comunista

Estas cousas non saen no Sermóns Paliza. Son fulminantemente censuradas polo tándem UPG/MGS. No panfleto de Mexuto pefiren consolar aos seus parroquianos coas intrigas palaciegas de Podemos e IU en Madrid.

1 Raticate

CHOVI, deixa de filtrar información ao CNI...de que falades nas reunións con Felipito?

2 Antinostrus

En el planfleto de Meguto tampoco saen los enchufes de la hija y el xenro del profesor Ferrin en la RAG ni tampoco le perguntan como fue que su amigo el Che (@ Porky)- al que le debieran retirar sus inmerecidos stens -hizo para aprobar diez asinaturas duna tacada y empezar a ornear clases nun insti (trajinándose a Manolin Lourenzo, cicais???) compostelano.....no será que el Mao (succionador en el Eijo Atlántico) maneja todos los entresijos???....Ah!! muy jacundioso el Censor de GC!!!

1 Antinostrus

No hay problema....el ex-in de pen den tis ta Jose Carlos Canero encomia la posición de la U pe Ge en La Couce de Galicia........detrás vendrán Pedro Luaces, Pousada, Luis Rios, Abal,..., incluso Cancio.......

1 Eu mesmo

Pedro Luaces finou no 2010. Cancio foi do pc. Un pouco de rigor...