Temas: PODEMOS EN MAREA

Os bandos en Podemos Galicia toman posicións para as primarias

As eleccións serán antes de dous meses, segundo Pablo Iglesias. Os críticos de Bases Podemos deciden non abandonar o partido. Os dimisionarios que causaron o cese de Riobóo -quen garda silencio- optimistas apostan por seguir confluíndo nas mareas.

Por Manuel Vilas | Vigo / Santiago | 10/02/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

As diferentes sensibilidades que forman parte de Podemos Galicia van tomando posturas tras a crise desatada este luns. Polo contrario, o relevado secretario xeral Breogán Riobóo garda silencio.

A dirección estatal puido disolver os órganos en Galicia debido a que os ceses executados por Riobóo e as posteriores dimisións suman a maioría de membros do Consello Cidadán Galego. Entre os dez dimisionarios neste órgano están os tres representantes nas cortes.

Ángela Rodríguez Martínez (deputada no Congreso), Antón Gómez-Reino Varela (deputado no Congreso), José García Buitrón (senador) remitiron un comunicado conxunto -en galego- canda Francisco Javier Sánchez Lombardero, Marcos Fontán Cortizo, María Lourdes Sylla García, Borja San Ramón Tizón, Adrián Fuenteseca Fernández, Sigrid Campo e Matilde López Álvarez.

Na misiva pública lanzan unha dura crítica a xestión de Riobóo. Acúsano de negarse a “escoitar as propostas orientadas a acadar un consenso” e colocar ao partido “unha posición de debilidade clara para afrontar o próximo envite electoral”.

Para os dimisionarios parece que non hai dúbida da necesidade de repetir un pacto como o de En Marea. “Cremos necesario reflexionar colectivamente sobre as alianzas cidadás e políticas para fortalecer as opcións de cambio, fronte á liña que seguiu a secretaría xeral nos últimos tempos, que só serviu para desperdiciar un tempo valiosísimo e para demostrar a súa incapacidade para ler o contexto político actual e para seguir os ritmos da axenda política galega”, argumentan tras as sorprendentes críticas do ex-líder a campaña electoral da coalición.

Outro foco de opinión -crítico tanto con Riobóo como co aparato estatal e cos cargos nas Cortes- é Bases Podemos Galicia. Este colectivo asegura que as dimisións e consecuente disolución dos órganos galegos son resultado inevitábel  dunha “loita interna de poder con nomeamentos a dedo, de amigos, de familiares, etc.”.

Bases Podemos Galicia -colectivo no que o responsábel de Obxectivos é o vigués Carlos González Armada- reclama unha asemblea xeral xa para que os líderes sexan escollidos “de xeito asembleario e democrático e non como se fixo até agora”.

Sobre as autonómicas, este grupo aposta por unha “confluencia moito máis ampla que non se limite ao pacto de tres partidos”. Na súa opinión, cómpre disolver En Marea, evitar “acordos entre cúpulas” e que unha hipotética coalición sea consultado coas bases.

Que pasará no futuro inmediato en Podemos? Polo de agora hai un “equipo técnico” ao fronte, cuxos nomes Madrid non publicou. Esta xestora debe convocar un proceso para elixir unha nova dirección.

Bases Podemos Galicia, que en principio amagara con marcharse do partido morado, agora recúa e promete “axudar a reconducir a situación se nolo permiten” e lembran que o seu é “o único grupo existente dentro de Podemos en Galicia, forte e con capacidade de axudar a esa reestruturación”. Iso si, no seu comunicado, remitido só en castelán, insisten nas súas denuncias de falta de transparencia en Podemos a nivel estatal.

Pola súa banda, os cargos dimisionarios -máis próximos a Pablo Iglesias- móstranse optimistas en lograr demostrar que as bases serán quen “decidir que persoas deben liderar o proxecto que eles mesmos desexen para Galiza”.

Cando se resolverá todo esta lea? O secretario xeral estatal indicou onte que nun prazo máximo de dous meses haberá primarias.  Pablo Iglesias volveu a apostar publicamente por reeditar En Marea, na que di Podemos está “moi cómodo”.

Jose García Buitrón
Jose García Buitrón

Carlos González Armada
Carlos González Armada
Xornadas sobre “Procesos Constituíntes e Plurinacionalidade” de Podemos na praza de Mazarelos en Santiago
Xornadas sobre “Procesos Constituíntes e Plurinacionalidade” de Podemos na praza de Mazarelos en Santiago
Temas: PODEMOS EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

11 cachamuiña

Ollade a declaración de bens no Senado de García Buitrón e comezaredes a entender que tipo de persoa é

10 Dr Bacterio

Eu que non son de PODEMOS, sempre apoiarei ó bando que estea en contra do pesoeiro, García Buitrón

9 Gamela

Semella que os "cadros políticos" de EU e ANOVA toparon unha regandixa para meterse baixo o paraugas de Podemos e xa de paso chamar arrebato a outras organizacións que caben nun taxi CxG, Cerna (no grupo mixto) etc... // Estamos a padecer unha reorganización das máis vellas organizacións políticas que NADA teñen que ver co proxecto inicial nin do 15M nin de PODEMOS (esta é a peaxe que pagamos todos por entrar no xogo electoral sen condón!) // Como mostra mirade o que sucede en Vigo cos 3 da Marea xa simples Comparsas de Abel Caballero !!!

8 Gamela

Alguén podería explicarme a RELACIÓN simbiótica que teñen Plataforma Xuntos / Bases Podemos (?) Pois o líder seica vén sendo o mesmo Carlos Armada – Secretario General de Xuntos (plataforma ciudadana) - http://www.noticiasvigo.es/galicia-... - Por outra banda como todo o mundo podería escoitar hoxe o Secretario Xeral de Podemos Galicia (Breogán Rioboo) disque nin dimite nin se presenta a primarias ... Así que a cousa non é exactamente como algunhas Deputadas/Senadores queren contar... (?)

7 Shin-Chan

A esquerda non ten amaño. Si baixa (BNG) follón. Si sube (Podemos, AGE), follón. Despois diremos: cómo é posible que gañe o PP? Pois por todo isto e máis.