Galicia e Portugal, divididas polas rutas aéreas

A TAP e Abel Caballero aspiran a que o voo entre Lisboa e Vigo sexa un “éxito total”. O Eixo Atlántico apoia as críticas do alcalde do Porto contra a compañía aérea pola supresión de rutas con esta cidade.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A decisión da compañía TAP de abrir unha nova ruta entre Vigo e Lisboa e de suprimir varios enlaces con Porto está creando unha seria división entre os políticos e as institucións galegas e portuguesas.

Un avión da TAP
Un avión da TAP | Fonte: tap.pt

Así, mentres o director xeral de TAP en España, Paulo Henrique Sáelles, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacaban, nunha xuntanza conxunta, a importancia que a nova liña terá para a cidade olívica, o Eixo Atlántico criticaba a supresión de rutas internacionais desta aerolínea no aeroporto do Porto.

Coa súa aposta pola conexión entre Vigo e Porto, que comezará a operar o próximo mes de xullo, a compañía espera ter unha ocupación de entre o 70% e o 75%. Por iso, Sáelles criticou ao alcalde do Porto, Rui Moreira, por censurar a implantación desta liña e a reformulación de rutas no aeroporto Sa Carneiro.  “Xa buscamos formas de colaboración con Vigo para facer que o voo sexa un éxito total e explotar a proximidade cultural entre ambas as urbes”, suliñou.

Tamén Abel Caballero confirmou que o Concello cooperará na promoción da liña "no sentido máis amplo", colaborando na presentación do voo a axencias de viaxes e empresas pero tamén potenciando "a presenza de Vigo en Lisboa e de Lisboa en Vigo", para que a relación entre ambas as cidades sexa "notable". Así, destacou tamén "a conectividade" que TAP proporcionará con zonas de Latinoamérica como Brasil ou Perú, con Canadá, con Estados Unidos e con algúns países de África.

Sen embargo, a boa sintonía da TAP e de Vigo, contrasta coas críticas dalgúns dos concellos que forman parte do Eixo Atlántico e deste órgano, que criticaron duramente a cancelación de rutas aéreas da segunda cidade portuguesa.

Así, no marco da reunión da Asemblea Xeral do Eixo, celebrada na localidade lusa de Santa Maria da Feira, a retirada dos voos do Porto a Bruxelas, Milán, Barcelona e Roma a partir de 27 de marzo, creou controversia.

"Decisións relativas ás rutas é competencia da comisión executiva entregada a privados", xustificou o ministro de Plan e Infraestruturas de Portugal, o socialista Pedro Marques. Con todo, quixo destacar que a TAP "manterá unha importante operación no Porto" e entendeu que a decisión de quitar esas rutas débese a unha lóxica de custo-beneficio.

Tamén o secretario xeral do Eixo, Xoan Vázquez Mao, censurou a medida de TAP e lembrou que a compañía ten obrigacións máis aló das empresariais pois, a pesar de ter unha xerencia privada, o seu principal accionista é o Estado luso. "Se consideramos a TAP pública, estamos a falar dun servizo público, coa obrigación de cohesionar o territorio", manifestou Vázquez Mao, quen denunciou que retirar rutas ao Porto "resta competitividade" á rexión do Norte de Portugal e a Galicia.

"Non queremos que ningún dos nosos aeroportos (os catro da zona do Eixo) perdan servizos", agregou o secretario xeral, quen mostrou o seu respaldo ao alcalde do Porto, Rui Moreira, molesto coa decisión da aerolínea lusa.

Por outra banda, a Asemblea do Eixo aprobou os eixos centrais para 2016, dous deles relativos ao reforzo das infraestruturas ferroviarias e de estrada. A modernización da liña de tren entre Porto e Vigo e unha saída para as mercadorías desde a costeira localidade de Aveiro, pasando por Salamanca e até a fronteira francesa, foron dúas dos principais puntos abordados, e que contaron co respaldo do Executivo portugués.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Galiza ceibe

Os galegos de verdade sabemos que ir có Porto é ir coa GZ. Ir có autarca vigués é ir co nacionalismo vilingue espanhol porque esas son as conexións do PPSOE

1 bqnr

Autarca? ja,ja,.ja,ja, palabra ridicula aquí.

1 Awwww

Vigo e Lisboa nunca se levaron millór, igual ca Coruña e Lisboa. O de oporto non e mais que a guerra que leva facendo annos contra OS aeroportos galegos. O eixo atlántico non e mais que un "chiste" manexado por oporto para facer de Galicia o seu espazo comercial e de expansión, nin caso hai que facerlles.