Yolanda Díaz: "Necesitamos reducir a xornada laboral, traballar menos"

Compite co PSOE para anunciar a prestación universal por crianza de 200 euros mensuais.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/05/2024 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda, ministra de Traballo e líder de Sumar, Yolanda Díaz, anunciou este martes que o seu partido negociará co PSOE no mes de xuño incluír nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de 2025 a prestación universal por crianza de 200 euros mensuais.

"Se queremos ter orzamentos para o ano 25 temos que negociar no verán", dixo a vicepresidenta segunda nunha entrevista con RNE recollida por Europa Press. Así mesmo, recalcou que queren ampliar os permisos de nacemento de 16 a 20 semanas e, doutra banda, que do novo permiso parental de oito semanas -incluído na Lei de Famlias, en tramitación parlamentaria-, para coidar dun fillo ata o oito anos sexan polo menos retribuídas catro semanas.

"O artigo 37 do Estatuto dos Traballadores ten unha infinidade de permisos, pero non son retribuídos, e isto está a dificultar que teñamos tempo de vida. Necesitamos reducir a xornada laboral, traballar menos, pero tamén os permisos para vivir mellor", sinalou.

Díaz afirmou que Sumar non compartiu a decisión de Pedro Sánchez de deixar caer o PGE de 2024, que elevaban o teito de gasto en 16.000 millóns para destinalos a políticas públicas. "Os seguintes Presupostos non van ter ese teito de gasto", dixo Díaz.

A vicepresidenta do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz  Adrián Irago
A vicepresidenta do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz Adrián Irago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta