Denuncian que o Sergas se somete aos "ditados" das empresas privadas

SOS Sanidade Pública culpa das deficiencias do Cunqueiro á concesionaria privada do hospital. Unha manifestación reclama en Santiago máis medios para as urxencias do CHUS.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As numerosas deficiencias detectadas no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que afectan a súa calidade e atención son responsabilidade das empresas privadas concesionarias deste edificio. Así o denunciou SOS Sanidade Pública que denunciou que o Sergas se somete aos "ditados da empresa privada concesionaria".

Mobilización no recibidor do hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro
Mobilización no recibidor do hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro | Fonte: CIG Facebook

"O déficit de camas, os "problemas nas Unidades de Críticos ou a redución de persoal, entre outros, non son axustes e disfuncións, senón problemas estruturais derivados da redución do proxecto do hospital e a súa privatización para entregalo aos intereses da a empresa privada concesionaria", denunciou esta entidade nun comunicado.

Por iso, reclamou a dimisión da xerencia, a recuperación do proxecto orixinal e o rescate da concesión, así como a reintegración do hospital no Sergas.

SOS Sanidade Pública puxo de exemplo desta privatización á lista de espera cirúrxica e lamentou que, mentres o Sergas publicou que os pacientes en lista de espera cirúrxica son 7.354, "en realidade son 20.356".

Neste sentido, lembrou que no Hospital Povisa existen 4.388 pacientes máis en lista de espera, o que eleva o número total a "máis de 25.000 pacientes" e criticou que a Xerencia do Hospital Álvaro Cunqueiro culpase dos problemas do complexo ao traslado e non ao "modelo de contratación e privatización" utilizado.

Protestas en Santiago

Por outra parte, ao redor dun cento dee persoas manifestáronse este doingo en Santiago de Compostela para pedir máis medios para este servizo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Baixo o lema "Non ao colapso dás urxencias", os participantes denunciaron a "precariedade" do servizo e tamén as "políticas de austeridade" da Xunta.

Ese luns haberá outro acto de protesta na porta de Urxencias do propio hospital, para reclamar un aumento no número de camas dispoñibles e a contratación de máis persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta