El castellano es la lengua oficial del estado. Los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla. Las demas lenguas españolas tambien son oficiales de acuerdo con sus estatutos. Ya el TC en su sentencia sobre el Estatuto de Cataluña tumbó al catalan como lengua preferente. El gallego lleva unas décadas siendo lengua oficial en Galicia, mientras que el castellano lleva siglos, pero la oficialidad lingüisitica actual no se debe a este hecho, sino a la Constitucion del 78. Mas aún, a mi juicio, la ley de Normalizacion Lingüistica no es quien de excluir al castellano en los topónimos porque en la Constitucion no hay ninguna excepcion hacia el castellano. Con lo facil que es la paz lingüistica, no comprendo el interés de algunos en proponer la intolerancia e imposicion como modo de vida, salvo que se trate del nuevo facsimo que usa las mismas tretas que el viejo.
Xa aburres tío coa túa leria estúpida.
“O regulamento aprobado o que fai é promover e normalizar o uso do galego como lingua preferente, que non exclusiva, do persoal do Concello co público”; Nin se impón nin é exclusiva, só lle da prioridade, logo depende de cada un se fala en castelán ou galego...
Juan Otero. Xa che dixen que ese concepto de "lingua preferente" foi tumbado polo cconstitucional referente ao catalan e o galego non é diferente. Quixera que alguen me explicara porque esa mania referente ao galego si a efectos reales o galego non é unha lingua necesaria e só obedece a liberdade e a comodidade de quen a usa.Dicideme o motivo porque hai que tomar medidas para que a use a xente que non lle apetece facelo, ¿acaso non se chama a eso evaxelizacion?. Cada un que fale o que lle pete e na dose que lle pete si ademais as duas son oficiais. Decisions como as de este concello deberían ser denunciables por ser ilegales.
"Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública..." (Estatuto de Autonomía). Por iso, nostrus, porque o castelán non precisa axuda e o galego, pola persecución no antigo réxime non democrático, sí. Eu son bibligüe e non vexo mal a medida, sempre e cando non me obriguen a falar en unha determinada lingua, sexa galego ou castelán.
Juan Otero. Non se trata de igualar linguas, tratase de igualar dereitos de personas para que usen unha ou outra lingua dependendo da sua escolla e non se trata de tomar medidas para que as duas linguas teñan o mesmo numero de falantes. E o que non debemos facer, baixo ningun pretesto e crear barreiras lingúisticas "que nos perxudican a todos", abonda con que en Galicia se garanta o dereito a utilizar calquer lingua oficial no ambito que lle pete. Aos nacionalistas só lle importa a sua mania identitaria e compórtanse como si foran cans de perdices que importe o instinto non importe a razon. Por eso a o nacionalismo non lle debemos facer caso.
Pois pra garantir o meu dereito a usar a miña lingua e ser correctamente atendido por un funcionario é preciso que teñan que demostrar o seu coñecemento de galego, cousa que ti nostrus, criticas e consideras "anticonstitucional" (xa sabemos que entre outros coñecementos, es doutor en Dereito Constitucional). Será que se trata de igualar os dereitos so cando isto non implique garantir a presenza do galego? ;)
teutonio. Claro que si, yo quiero que se garantice tu derecho a usar el gallego en la administracion y para ello tendran que comprender el gallego, pero no es necesario que a ti te hablen en gallego y deja al funcionario que hable lo que le de la gana. El funcionario puede hablar gallego o castellano y solo estará obligado a hablar castellano si el ciudadano que se dirige a él no comprende el gallego, como puede darse el caso. Si tu te diriges a la administracion en Cataluña..¿verdad que exigirias que te hablaran en castellano?. A mi me da igual lo que me hable el funcionario en Galicia, no soy tan gelipollas para montarle un numerito.
Juan Otero, xa cansa o conto da persecución ao galego no franquismo. Este creou a cátedra de língua e literatura galega na USC; Andrés Dobarro foi nº 1 nos 40 principales con O tren; naceu Galaxía que publicaba en galego coas limitacións que tiña o castelán;: non atacar ao réxime, ao Dogma ou á moral. Dicía o fotógrafo coruñés Juan Cancelo: "Ao Caudillo fálolle sempre en galego, e me entende de maravilla", e non o detiñan nin nada polo estilo. A ver se nos deixamos de mentiras de nacionalista que o único país no que se perseguiron as linguas rexionais foi Francia, como pode comprobar calquera que visite Perpiñán onde non atopa a ninguén que fale catalán.
teutonio. Tamen entendo que os funcionarios teñan que comprender o galego, pero tamen se lle poderá esixir dun modo flexible, como é darlle un tempo determinado para que o aprendan.
modesto meu, so un pequeno exemplo, copio e pego
Que hai do galeguismo de Fraga? Hai que falar mellor da actuación de Fraga durante a ditadura para reprimir as publicacións e o uso do galego. Como ministro de Información e Turismo Fraga multaba con 50.000 pesetas ao subdirector de La Voz de Galicia, Francisco Pillado Rivadulla, que exercía de director por ausencia do titular. O “delito” foi a publicación dun artigo de Augusto Assía “Sobre el idioma gallego”, publicado o 26 de xullo de 1968. Na súa colaboración habitual de Carta abierta al director, dicía o citado artigo: “El idioma gallego es tratado como un estigma que hay que ocultar, y que es inepto para la gente fina. Le ocurre al idioma gallego, no sólo en la Iglesia, sino en la Universidad , en la escuela, en los estrados y en la oficinas públicas, lo que no hace todavía más que 20 años le ocurría a los negros de Estados Unidos, donde no se les dejaba entrar mas que por la escalera de servicio”.
Non, a sanción que se impuxo polo artigo dese antigo servidor do Imperio Británico foi debida a que era completamente demagóxico, e motivou a protesta ante o ministerio por parte dunhas 150 entidades galegas (escribo de memoria), que se sentiron ofendidas. Hai que contalo todo... Non so foi Fraga, foi a sociedade civil da época que se sentiu ofendida porque so se consideraban por Assía bos galegos aqueles que falaban galego ¿Persecución ao galego coas cifras de falantes no franquismo se as comparamos coas actuais? Por favor... Insisto en que o único país no que se perseguiron linguas foi Francia, con resultado coñecido, o resto son cognas.
Nostrus, estou no meu dereito como administrado que se dirixan na lingua oficial que máis me presta, está no ordenamento xurídico que reflexa a realidade social ou lingüística, hai que respectar a lei e a democracia que nos dimos entre todos no 78 (sónache isto?)!!. E pouca xente en Galicia hai que monten "numeritos" (se a iso lle chamamos demandar que se respecten os dereitos dos administrados) por situacións así, quizais por iso non é tan fácil atopar funcionarios que empreguen o galego no SERGAS, IGAPE, UVIGO, Servizo Galego de Colocación, etc.
Modesto franquista, se che parece que o galego non se perseguíu durante o Franquismo, rebaixandoo a dialecto, limitandoo ao ámbito privado, ao folklore pouco máis, promovendo os preconceitos na sociedade, eliminando calquera uso na educación, administración, xustiza, universidade,relixión, medios de comunicación, etc. promovendo unha ideoloxía lingüística supremacista, tentando eliminar calquera rastro da lingua mesmo nos topónimos de calquera lugar e aldea, permitindo os castigos corporais e psicolóxicos aos nenos que utilizaban a lingua nas escolas. Persecución si, e desa persecución temos os prexuízos e comportamentos actuais, boa parte da sociedade pensa que o galego non vale pra nada ou que é de labregos, foille inoculada esta ideoloxía e desde aquela, co éxodo masivo do rural á cidade temos os datos estatísticos que temos.
teutonio, ¿pero q tú me dices? Eu floto, vamos ¿Logo na república se usaba o galego na administración, na educación, na xustiza, universidade, relixión, medios de comunicación, toponimia, non se castigaba aos nenos de escola que falaban galego, etc.? ¿A quén lle queres colar ese conto, meu? Cando se plebiscitou o estatuto do 36 rapaces socialistas e anarquistas cantaban polas rúas con música do tango Tomo y obligo: El estatuto no lo queremos, pueden llevarlo para Petricol, que aquí en Coruña, sólo queremos, chamullar todos idioma español.
Que eu saiba a república durou en Galicia pouco máis de 5, anos non 40 e durante este tempo xente de ideoloxía galeguista non tivo que fuxir ou calar pra seguir vivos ou con emprego. Tamén se permitía a descentralización do poder central e a creación de estatutos como o galego que recoñecían a oficialidade do galego, manda truco.
A república durou o que durou, como a restauración. Se admites de xeito implícito que non tiveron tempo a introducir o galego na educación, toponimia, xustiza, administración, eliminar a mala consideración do galego na xente de certo refinamento e cultura, etc. ti mesmo recoñeces que o Caudillo non lle fixo mal ao galego ¿A república recoñecía a autonomía e por iso tiveron que dar os Bóveda, Castelao et al. o Santo Pucherazo? Aquí seguiu habendo galeguistas, publicaban, p. ex. en Galaxia e tiñan durante todo o franquismo a Misa de Rosalía, que era unha especie de convención-mitin de galeguista. Non, meu. O franquismo fixo moito mais polo galego que a república ou a restauración. Quen fuxiron, xa sabes: cuando el lobo huye es porque mató ovejas. Pois iso.
Primeiro, unhas achegas dende a iuslingüística:
O artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, que consagra como "lingua propia" ó galego, ademais de simbólico, ten implicacións legais. Unha desas é a corrección da situación histórica de minorización e outra que os organismos públicos lle dean un trato preferente.. Ademais, a LNL (Art. 4) di que o galego é lingua de uso preferente en todas as administracións e institucións de Galicia e dos entes que dependan delas, como organismos autónomos ou entidades públicas empresariais; (Art. 6.3) encárgalles ós poderes públicos a promoción do uso normal do galego oralmente e por escrito nas súas relacións cos cidadáns e (Art. 6.4 e no título VI, art. 22-25) fai responsable á Xunta e ás administracións locais da tarefa da normalización lingüística.
Sen nomear a "Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais" que vai no mesmo sentido. Penso que a moción aprobada vai a orde do día da legalidade. Como dixemos, son as organizacións municipais as encargadas de desenvolver as políticas lingüísticas aprobadas pola xunta. Todo isto,, tamén, sen nomear o Plan Xeral de Normalización Lingüística (2004) que, pese a non ter rango de lei, foi aprobado con maioría absoluta baixo o goberno do PP.
En relación ó tema do franquismo e a non represión do galego:
Cómpre, sen dúbida, pór sobre a mesa a cronoloxía do franquismo para ver de que estamos a falar. Digo isto porque, polos comentarios, parecera que o franquismo foron os anos 70: o tren foi single -ou sinxelo- no 69; a cátedra de Lingüistica da USC é do 72, e Grial comeza a publicar no 63, tras ser pechada nos seus comezos cando se chamaba "Colección Grial" ó cuarto número. Desta maneira, se falamos de publicacións, non, non se publicaba coas mesmas censuras do castelán. O galego estaba limitado a un papel folclórico e, como exeplo, podemos recordar as censuras que sufriuron as traducións da filosofía alemá (Heidegger) de Celestino Fdez de la Vega e Ramón Piñeiro ou, pola contra, as multas ós docentes que impartiron clases en lingua galega