A web do Igape rexistra "fallos puntuais" coincidindo coa apertura de 11 liñas de axudas

Os informáticos están "a tratar de solucionar" as incidencias. As solicitudes das persoas que concorren a subvencións non competitivas (e, por tanto, dependentes da orde de presentación) están a ser rexistradas, polo que conservan a orde real.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2025 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) está a rexistrar este martes "fallos puntuais", que están a dificultar a realización de trámites a través dela, entre eles a solicitude de 11 liñas de axudas cuxa convocatoria arrincaba precisamente hoxe. O Colexio oficial de Xestores Administrativos de Galicia alertou á primeira hora dos fallos que estaba a rexistrar a web a través dun comunicado nas súas redes sociais, unha situación ante a que pediron unha solución.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Economía, a web está efectivamente rexistrando "fallos puntuais" esta xornada, na que coinciden a apertura das 11 liñas de axudas e a posta en marcha da nova plataforma. Os informáticos están "a tratar de solucionar" as incidencias. Mentres tanto, apuntan, aclararon que as solicitudes das persoas que concorren a subvencións non competitivas (e, por tanto, dependentes da orde de presentación) están a ser rexistradas, polo que conservan a orde real.

Teclado dun ordenador conectado a Internet
Teclado dun ordenador conectado a Internet | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta