Beiras, castigado sen soldo 15 días tras ser expulsado do Parlamento

O líder de AGE dirixiuse ao escano do deputado popular Miguel Tellado para increpalo tras rirse del durante unha intervención sobre o hospital de Vigo. Foi expulsado no momento polo presidente da Cámara, Miguel Santalices. Tampouco poderá exercer actividades parlamentarias durante a súa sanción. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/03/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Beiras, quedará sen soldo e sen poder exercer a súa función de deputado durante quince días logo de ser expulsado da Cámara por increpar a un deputado popular.

Beiras diríxese a Feijóo no Debate do estado do país
Beiras diríxese a Feijóo no Debate do estado do país

Esta medida, recollida no Regulamento da Cámara no seu artigo 108, nunca fora aplicado nesta lexislatura a pesar de que o veterano líder nacionalista xa se tiña encarado con oturos deputados do PPdeG, incluído o propio presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Pero desta volta, ao novo presidente da Cámara, Miguel Santalices, non lle tremeu a man para aplicar unha sanción que deputados da oposición consideran esaxerada. Algúns deles, como a deputada de Cerna, Mónica Fernández, mesmo renunciou a súa quenda noutra iniciativa para solidarizarse con Beiras e abandonar a tribuna de oradores sen intervir.

Este novo incidente na Cámara tivo lugar logo de que Beiras defendera unha iniciativa para tentar "rescartar" das empresas privadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Unha proposta que rexeitou o PPdeG.

Neste vídeo, de Voz TV, pódese ver o momento do enfrontamento con Miguel Tellado:

Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia
Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia

E neste, do Parlamento, o que aconteceu durante a súa intervención:

Despois do debate, Beiras dirixiuse ao escano de Miguel Tellado, portavoz do PPdeG, para afearlle que se rira del durante a súa intervención. "Estaste rindo da cidanía", espetoulle. Acto seguido, Santalices díxolle que estaba expulsado en aplicación do artigo 108 do regulamento da Cámara. De feito, ordenou a paralización momentánea do pleno ata que o líder nacionalista acccedeu a marchar del. "Terá sanción", engadiu Santalices que o despediu cun irónico "que teña vostede un bo día".

Previamente, e durante a súa intervención, Beiras dirixiuse á bancada do grupo Popular para dicirlle aos seus deputados que "se queren guerra, téñena en Vigo". "A súa derrota é inexorable, con Beiras ou sen Beiras, pola cidadanía que está farta de vostedes. É unha derrota inexorable", afirmou o portavoz de AGE.

O portavoz de AGE subiu o ton das súas críticas e acusou os parlamentarios populares de antepor "o seu enfeudamiento, cos sátrapas que estafan a toda a cidadanía do Estado español, eses corruptos, ás súas obrigacións cos cidadáns que os votaron". "Como dicía Fole, matar non te matarei, non temos esa intención, pero vouche a botar de España", dixo.

Nunha intervención posterior, o deputado popular Agustín Baamonde acusou a Beiras de tentar representar no Parlamento de Galicia "unha comedia permanente", mentres que Mónica Fernández e Consuelo Martínez, de Cerna, decidía marchar en solidariedade con Beiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

14 eueu

Grazas Xose Manuel por defender o que estes PPodres levan destruindo en Galica durante tantos anos, cos espectadores mudos dos que queren 'construir' nada mais o q ditan os carneiros cornudos que non teñen escanos pero si púlpitos e dedos acusadores (agora disque queren construir un novo espazo para que entren todos, até os PPodres)

13 Xan de Lalín

Ben por Santalices, ainda que sexa lacaio do cacique abusador de Ourense

12 Cinéfilo

Na primeira foto arriba pódese ver que Feijoo ten un teléfono vermelho na mesa. Para chamar a Moscú?

11 Ana

Democracia interna nos partidos, separacion de poderes (votando por separado o executivo, lexislativo e xudicial), eleccion por distritos pequenos permitindose presentar quen desexe e rendindo contas ao distrito de calquer decision, posibilidade de revocar a persoa escollida por parte do distrito en calquer momento, fin dos aforamentos e deputacions, fusion de concellos pequenos, transparencia nas contas publicas, que se penalice economicamente aos partidos cando teñan moitos casos de corrupcion, que non sexa a mesma administracion a que decide facer unha obra e a que escolle quen a fai, etc.

10 Ana

Xa non basta con indignarse, se sodes coherentes nacionalistas e esquerda deberiades traballar por abrir un proceso constituinte que nos leve a unha republica federal, con separacion de poderes e representatividade (e non votar listas pechadas), posibilidade de revocar cargos electos, xustiza social, fin das deputacions e aforados e donde se aposte por industrializar o pais. Asi como solucionar o problema da debeda publica e os desahucios ou repensar as relacions coa UE. Os tempos da indignacion xa pasaron, agora toca mudar as cousas para que podamos vivir nun pais sen corrupcion, paro, desigualdade, lei mordaza, etc.

1 nostrus

Pero si non somos nacionalistas e nos trae ao pairo ser de esquerdas...¿xa non somos coherentes?, si apostamos mais polos galegos que pola lingua...¿xa non somos coherentes?, si nos gusta esta España secular que temos, coa sua diversidade e a sua realidade...¿xa non somos coherentes?. Abonda con que quen queira se enrosque no seu ombligo, pero que non lle esixa aos demais que fagan o mesmo.